Huda encontra esperanza en Líbano

Post de Salam Abdulmunem, UNICEF en Líbano.

Huda está sentada nunha tenda de campaña, rodeada da súa familia. Fala de candodeixou a súa cidade, Idlib (Sirya), fai pouco máis dun ano. Tiña 17 anos e acababa de empezar a facer os exames de bacharelato para a súa graduación. "Eu sabía, de velo en televisión, que os refuxiados sirios que marchan de casa sofren moito. Entristeceume ter que irme, pero non tiñamos outra opción, porque a nosa casa foi bombardeada," di. Un dos días do ataque, 17 persoas morreron na súa cidade. Véñenlle bágoas aos ollos cando o recorda: "Oín a explosión e vin como o po subía. Pensei que a miña familia estaba morta. Feríronme, tiña sangue pola cara e o único que podía facer era berrar, Deus axúdanos!". A súa familia decidiu mudarse a Líbano para salvar a súa vida. "Eu estaba decidida a saír de Sirya. Os meus irmáns pequenos tiñan moito medo cada vez que oían un disparo. Non comían nin bebían nin xogaban", di Huda. Despois da súa tranquila vida de pobo en Sirya, agora Huda vive xunto a outrosrefuxiados nunha tenda de campaña, no abarrotadoasentamento informal de Dalhamieh, no val de Bekaa. Ao principio sorprendeuse polas condicións de vida, pero foise adaptando o mellor que puido. "Agora son refuxiada. O ruído, a xente, a tenda de campaña... hai que adaptarse e por agora ten que esquecérseme a miña vida anterior". Para axudar á súa familia a chegar co fin de mes, Huda viuse obrigada a comezar atraballar. "Tiven que traballar obtendo cogombros no campo. Agora odio os cogombros, nin sequera podo velos. Nunca traballara na miña vida. Estábame a preparar para ir á universidade",  di contristura.

A pesar de que a súa vida se puxo do revés, Huda está a tratar de ser optimista. Cando aAsociación Beyond,ONG aliada deUNICEF, iniciou as súas actividades de educación non formal no asentamento, Huda ofreceuse a traballar como facilitadora. Encontra a forza na esperanza dos nenos de catro e cinco anos cos que traballa: Fálanme con tanto optimismo. Cando os vexo, penso: se poden ser tan positivos, por que eu non? ". Mentres o conflito sirio entra no seu cuarto ano,UNICEF lanzou un informe - Baixo estado de sitio - no que pide que o fin da violencia e o acceso inmediato aos nenos asediados que se encontran enSirya.