Henry e Pablo: irmáns de sentimentos

Esta é a evidencia de que os nenos miran o mundo con outros ollos.

Pablo é un bebé dun ano. Como todos os bebés, mostran pouco interese pola cousas, cambia de actividade constantemente, captar a súa atención é difícil e como todos sabedes as súas prioridades son xogar, comer e durmir.

O sorprendente de Pablo é que dende os tres meses de idade, cando lle daba o biberón e escoitaba a sintonía do anuncio de UNICEF, el paraba de comer e volvía a cabeza para identificar de onde viñan o tenue choro doutro neno. Pasaron os meses e seguíao facendo, só exclusivamente con ese anuncio. Créano, nin outros anuncios de bebés, nin debuxos animados.

Seguiu pasando o tempo e se estaba a xogar cos seus xoguetes e escoitaba a sintonía quedaba hipnotizado mirando ao televisor. Vía o anuncio de principio a fin. Mesmo pasaban uns segundos unha vez rematado o anuncio como reflexionando mirando ao televisor, e despois nos miraba como intentando dicirnos algo, a súa nai e eu quedabamos perplexos.

O sorprendente de todo é que agora que xa anda que ten mais autonomía, se escoita a sintonía do anuncio e a Henry chorar, aínda que estea noutro cuarto sae correndo cos seus torpes andares e non para ata se cravar diante da tele. Escoita en silencio todo o anuncio como sempre pero agora cando remata parece que está a falalo a Henrio. Xa non nos mira a nós, agora fálalle a el.

COMPARTIR o AMOR COS MENOS FAVORECIDOS

Así que, despois de ver todo este ano os sentimentos que espertaba en Pablo a historia de Henry, queremos dicirvos que Pablo nos deu a súa primeira lección de vida. Os nenos teñen sentimentos máis puros, máis básicos e por iso el dende bebé captou a necesidade que teñen outros nenos de ser axudados.

Os adultos poñemos tantos filtros no noso cerebro ante campañas solidarias para non nos sentir culpables por non axudar que non vemos, non escoitamos, non entendemos o evidente, así que, grazas a estes dous bebés irmandados, Henry e Pablo, aprendemos a entender.

Así que hoxe temos decido facer socio a Pablo de UNICEF para que el comparta cos menos favorecidos o amor que nós o temos.

Queremos transmitirvos tamén a nosa admiración polo labor que realiza UNICEF no mundo cos seres máis indefensos e agradecidos que hai: os nenos.

Moitas grazas de parte de Pablo, de Raquel e Javi!

Post de Javier Martínez Zafra, pai dun dos socios máis novos de UNICEF Comité español