Guinea Bissau: Abdulai vaise recuperar

Post de Elena Filella, Cooperación e Emerxencias de UNICEF España

Mae Turé ten 20 anos e vive nunha pequena comunidade da rexión de Oio, en Guinea Bissau. Esta muller, tímida e valente, chegou ao Centro Nutricional de Mansoã o pasado 15 de novembro co menor dos seus tres fillos: Abdulai, de 20 meses, que sofre desnutrición aguda.

Mae e Abdulai, e outras familias como a súa, percorreron un longo camiño ata chegar a este centro nutricional. Un camiño acompañado polos traballadores de saúde que UNICEF formou ao longo de todo o país. A historia de Abdulai empeza nunha dassesións mensuais de seguimento do estado nutricional que se desenvolven nas comunidades. Estas sesións permiten detectar casos de desnutrición aguda moderada ou grave, así como formar as familias en materia de prácticas axeitadas de nutrición. Os traballadores de saúde ensinan aos pais e nais como deben alimentar os seus fillos en función da súa idade: promoven a lactación materna exclusiva ata os seis meses e dan pautas axeitadas de alimentación complementaria. Unha enorme mesa exhibe os alimentos propios da zona (arroz, batata, tomate, peixe seco, plátano, millo, etc...) mentres unha das traballadoras de saúde ensina as súas propiedades e como deben ser mesturados e cociñado. Unha clase de cociña rexional cun resultado delicioso!

Balanzas que parecen bambáns para dar seguimento

Tras a lección sobre prácticas axeitadas de nutrición, os traballadores de saúde pesan e miden os pequenos. As nais, como Mae, esperan pacientemente a súa quenda mentres algúns nenos choran suspendidos nas balanzas que lles pesan, parecen bambán. Ao finalizar, os traballadores de saúde entregan ás nais as cartillas de seguimento nutricional dos seus fillos, que detallan a evolución do seu peso e estatura, e permiten detectar calquera indicio de desnutrición. Os casos máis graves, como o de Abdulai, son referidos aos centros nutricionais apoiados por UNICEF, como o de Mansoã. Mae, valente, loita e aposta pola recuperación do seu fillo pequeno: para iso ten que deixar os seus outros dous fillos ao coidado de familiares e desprazarse ata Mansõa para acompañar a Abdulai durante todo otratamento a base de leite terapéutico e alimento terapéutico. Tan só unha semana despois Mae, coa mirada baixa pola súa timidez, confesa sorrindo que Abdulai mellorou moito, come máis e encóntrase mellor e máis forte. Abdulai vaise recuperar e el e a súa nai pronto volverán cos seus irmáns. Tiven o pracer de coñecer a Mae eAbdulai con ocasión da nosaviaxe a Guinea Bissauacompañados por membros da Fundación Alimerka: visitamos os proxectos que UNICEF desenvolve no país en materia de nutrición infantil e que Alimerka apoia a nivel global. Recibín clases de cociña, vin os nenos rir e chorar nas balanzas e, escoitei a historia de Mae eAbdulai. Eles, e tantas outras persoas, son o traballo de UNICEF: son o que facemos, o noso obxectivo e a nosa misión. E queremos contar contigo para seguir escoitando nais dicirnos que os seus fillos se recuperan da desnutrición. Nos axudas?