GRAZAS por alzar a voz dos nenos de Sirya

Nos últimos días os nenos de Sirya soaron forte en redes sociais e outros medios, onde miles de persoas se fixeron eco dunha información de ACNUR e UNICEF: a vergoña de que un millón de nenos sirios vivan como refuxiados noutros países porque tiveron que saír fuxindo do seu.

 

Son nenos que viviron ou sido testemuñas dunha violencia extrema, moitos viron morrer familiares e amigos, sufriron un terror difícil de despegar da pel, as súas familias quedáronse sen nada (nada significa nin unha billa con auga nin medios para alimentar a familia) e dependen da axuda humanitaria: dentro de Sirya e nos países veciños aos que fuxiron.

Son nenos que non teñen medios para facerse oír, pero as redes sociais, outras canles online, e os medios de comunicación alzaron a súa voz nos últimos días. Persoas, anónimas e públicas, e profesionais dos medios falaron das consecuencias desta guerra para a infancia, alcanzado a unha audiencia masiva: máis de 22 millóns de seguidores en redes sociais; máis 40 millóns de usuarios de canles online; tamén máis de 40 millóns nos medios de comunicación; e, en só tres días, 7.244 tweets co hashtag#niñosdeSiria.

Grazas, dendeUNICEF, a todos os que o fixestes posible. Sodes imprescindibles porque, se algo non se coñece, ninguén intentará poñer remedio. Nada cambia se antes ninguén sabe o que está a pasar, se non se escoita unha voz que o conte publicamente. Vós alzastes esa voz necesaria para cambiar a situación dos nenos de Sirya e para que quen poida axudar saiba como pode facelo. Necesitan protección e necesitan unha axuda humanitaria que chegue a cada un deles.

Xunto a ese altofalante enorme polos dereitos destes nenos, hai algún comentario illado que fala doutras cousas. Hai quen di que primeiro debemos ocuparnos dos nenos que pasan dificultades en España. Á parte do incomparable das situacións, entristece que haxa persoas que consideran que os nenos dun lugar deben ser prioritarios sobre os doutro lugar.Todos os nenos teñen os mesmos dereitos. Debemos ocuparnos dos nenos de aquí e de calquera neno desprotexido ou explotado, ou sen comida, auga e acceso á saúde ou a educación en calquera lugar. Todos teñen o mesmo dereito. Que agora se fala de Sirya, debido ao ritmo dos acontecementos, non significa que non importen os nenos desta parte do planeta nin que non se actúe por eles tamén. 
 
Tamén hai quen di "primeiro doa ti, con todo o diñeiro que tes" a personaxes públicos que apoiaron a difusión sobre os nenos que sofren esta guerra e que pediron apoio ao traballo deUNICEF. Doar ou non doar é unha cuestión privada, cada persoa decide se quere facer pública a súa doazón ou non. E hai moitas persoas, públicas e anónimas, que doan pero non o publicitan.

E ata hai quen di queUNICEF 'patrocina' o FCB. É xusto ao contrario: FCB doa 1,5 millóns de euros a UNICEF cada ano.