Fuxindo de Sirya cara a Turquía: a historia de Hala

Post de Charbel Raji, UNICEF

Eran as 3 da mañá cando Hala (16 anos) e a súa familia fuxiron da súa casa en Sirya cara ao campamento de refuxiados de Ackapale en Turquía. O campo, situado en Sanliurfa, ao sueste de Turquía, é un dos 15 establecidos polo Goberno de Turquía para as familias sirias que foxen do conflito en busca de refuxio.

Os intensos bombardeos instaron a familia a cruzar a fronteira buscando refuxio. "Non só oïamos as bombas por todos lados, tamén viamos xente morrer, " di Hala. Viñemos aquí pero deixamos os nosos corazóns en Sirya, con todos os nosos familiares e seres queridos. "Hala perdeu as clases este ano como consecuencia do conflito. Non obstante, agora está contenta porque pode asistir á escola do campo de refuxiados. Aínda que faltan materiais: Dános esperanza de que nalgún momento imos volver á casa e a retomar a nosa vida normal", explica Hala. Unha das súas maiores preocupacións, é se o sistema educativo sirio vai recoñecer o bacharelato que está a cursar en Turquía, unha vez poida retornar a Sirya. O seu único desexo agora mesmo é volver á casa. Está agradecida por todos os servizos e a axuda que os refuxiados recibiron no campamento, pero continúa preocupada polo que pode estar a pasarlles aos seus amigos e familiares en Sirya: "Aqueles que non morren polos bombardeos, están a morrer debido ao frío e á fame. Pido ao mundo que lles poña atención. Necesitan a axuda de todos. "UNICEF e os seus aliados distribuíron uns 13.000 kits de roupa de inverno, incluíndo chaquetas e botas, para os nenos do campo de refuxiados deAkcakale. Ademais, UNICEF Turquía axudou a crear un ambiente educativo e recreacional seguro, para os máis de 25.500 nenos sirios que viven en campos de refuxiados en Turquía.