Filipinas: en pé fronte á adversidade

Por Diana Valcárcel, voceira de UNICEF en Filipinas

Publicado en elmundo.es

 
No camiño entre o centro da cidade deTacloban e o aeroporto levántase un grande edificio amarelo; éSan Jose Elementary School, a escola máis grande deTacloban. Antes do tifón, eran4.500 alumnos. Nos últimos días están a asistir en torno a 1.200. Uns morreron, outros víronse obrigados a fuxir a outras cidades e moitos alumnos non están a vir polas condicións climáticas destes días. Espérase que o número de asistencia incremente a medida que deixe de chover.

Tras pasar a entrada do colexio accédese a un grande espazo aberto, o que antes era o lugar do recreo. Hoxe en día é unha lameira que pelexa por quitar a auga de enriba, pero a chuvia dos últimos 20 días fai moi difícil que se cumpra este desexo. Os nenos cruzan dun lado a outro coa auga polos xeonllos.

Monina Ezquierdo Grabino, de 43 anos, é adirectora do colexio. É unha muller guapa, sorrinte e positiva. Cando lle pregunto sobre o número dealumnos que morreron no tifón dime "75. 22 deles eran de infantil. Eran nenos listos, estábano a facer tan ben... Choramos por eles. Botámolos de menos". Pero o seu sorriso segue aí, a súa forza segue aí.

Pregúntome moitos díasde que madeira están feitas aspersoas en Filipinas. Pregúntome e tamén llelo pregunto a elas. A súa capacidade de resistencia, de aceptación, de lidar coa dor, a súa paciencia, humildade, o seu respecto, a súa educación e o seu agradecemento á vida son para min cada día unha meditación, unha aprendizaxe. "Eu creo que moito ten que ver no xeito que nos educaron nas nosas familias. Fixérono dunha forma positiva,ensináronnos a compartir, a ser fortes.Vivimos moitos tifóns, momentos moi difíciles,".
 
Ségueme parecendo milagroso o modo no que cada persoa que coñezo asumiu o que lle sucedeu. O xeito en que lidou con estes sentimentos tan fortes de perda, de esgazadura, de dor profunda.

"O marido dunha das nosas profesoras morreu no tifón. Un día soñou que estaba vivo. En sonos viulle de pé diante da porta, cuberto de feridas e el dicíalle a ela 'non te preocupes, estou ben'. Ela correu a abrazarse a el. Á mañá seguinte deuse conta que fora un sono. Agora só desexa soñar para velo outra vez".

As historias de dor e de perda en Taclobanson tan infinitas como as gotas de chuvia estes días. Son realidades difíciles de escoitar, dixerir, compartir. Sonvidas rotas, pero non están rotas de todo. Para os filipinos, non todo remata nesta vida. Viven coa esperanza de encontrarse cos seus seres queridos na vida futura, aceptan o que lles sucede aínda que doia, pensan que alguén ten plans mellores para eles. E sobre todo, sonagradecidos.
 

"SOMOS SUPERVIVINTES"

"We are survivors. Somos sobreviventes, non podemos máis que dar grazas por estar vivos", diMonina co seu habitual sorriso nos labios.
 
O día que a visitamos foramos a organizar unha actividade cos seus alumnos: pintar uns murais deagradecemento a uns nenos dun colexio de Liberia que recadaran fondos para os afectados polo tifón. Foi unha mañá preciosa; presenciar o agradecemento dos alumnosde San José que pintaban preciosos murais para os nenos dun dos países máis pobres de África. Nenos que axudan nenos.

Nunha das aulas ondeMonina explicaba a actividade aos nenos, había goteiras. Mirei ao teito: a metade xa non está, levóuseo o tifón e de momento está cuberto con lonas que non sempre aguantan unha chuvia tan forte como a destes días. Moitos nenos van ao colexio con botas katiuskas. Os que teñen, claro.

Antes de marchar,Monina invitounos ao seu despacho. Tiña un regalo para nós e para os dous nenos de Liberia que lideraron a iniciativa. Un dos meus compañeiros, seguindo puntualmente as regras, dixo que non podiamos aceptar regalos. Eu dixen que por suposto aceptaba o meu, souben que non era un momento para contemplar regras. "Pero isto non é un regalo", dixo Monina. "Este é un xesto de agradecemento dende o máis profundo do noso corazón porque viñestes ao noso país a axudarnos enunca esqueceremos o que estás a facer por nós".

O regalo eran unhas cuncas nas que está escrito "Tindog Tacloban". É o lema que a cidade adoptou tras o tifón.Tindong significa en waray-waray, a lingua local, "ponte en pé". Monina é un claro exemplo de persoas que se puxeron de pé despois da traxedia. Unexemplo de loita, deagradecemento, de esforzo, impulso e de non mirar atrás. GrazasMonina. Grazas de corazón. Grazas por compartir o tesouro que levas dentro.