A esperanza de Fatema

Este post foi publicado en elmundo.es.

Escrito por Jorge Caravotta, Coordinador de Emerxencias de UNICEF en Iraq.O primeiro que me sorprendeu cando coñecín aFatema é quefala perfectamente inglés.Era a primeira vez en ano e medio que interactuar nese idioma cunneno sirio, porque non adoitanfalalo de xeito fluído. Contoume historias sobre ela e os seus catro irmáns, sobre os seus pais. Pero non eran as anécdotas que esperas escoitar dun neno de 9 anos. Explicoume como se acostumou a ver nas rúas do seu barrio, en Damasco, tanques e canóns. "Un día os meus irmáns e eu estabamos a xogar na rúa ao lado do noso bloque e houbo unha grandeexplosión nun edificio próximo. Caéronnos enriba anacos de cristal".Fatema e un dos seus irmáns foron enviados ao pobo do seu pai para que estivesen máis seguros. Alí reuniuse toda a familia un tempo despois, cando a súa nai non puido soportalo máis. "A miña nai non podía durmir, non podía descansar nin de día nin de noite polo medo aos bombardeos e as explosións en Damasco", recorda Fatema. Non é estraño entón que cando lle pedín que me fixese undebuxo me entregase un anaco de papel no que pintara un tanque con dous soldados que disparaban. Un apuntaba a un edificio de casas con cortinas de cores; o outro, a un grupo de persoas asustadas, entre as que había nenos.Fatema levaba en Damasco unha vida normal. O seu pai traballaba como conserxe. A súa nai coidaba a irmá máis pequena. Os catro maiores ían á escola cada día. "Os meus pais adoitaban levarse o colexio e un deles recollíanos á saída". Unha escena que se repite cada tarde nas escolas de todo o mundo. Pero no caso de Fatema e os seus irmáns era "por medo a que nos secuestrasen"..

Seguir estudando

Agora toda a familia vive en Kawergosk, un dos seiscampos que hai en Erbil (Iraq). Está habitado por12.000 refuxiados sirios.Fatema, os seus pais e os seus irmáns tiveron que fuxir de Sirya cando os bombardeos chegaron tamén ao pobo do seu pai, onde este encontrara traballo como condutor. "Buscabamos paz e seguridade", contoume ela, pero tamén "poder seguir indo ao colexio".E iso é o marabilloso de Fatema: que malia todo o que viu, oíu e sentiu, me preguntou con entusiasmo cales eran os plans deUNICEF para instalar unha escola no campo de refuxiados. Está orgullosa de ter rematado o curso escolar no pobo do seu pai, cando saíu de Damasco, e quere seguir estudando no campo. Ela ten esperanza, e iso éfuturo. Pero non están sós. Non deben estalo. As organizacións que traballamosdentro e fóra de Sirya estamos para darlles a eles e as súas familias o apoio que necesitan, en forma de vacinas, de escola, delibros, de roupa de abrigo, dealimento terapéutico ou de espazos seguros para xogar e rir por unhas horas. Porque mentres Fatema manteña a súa esperanza, os nenos de Sirya aínda terán un futuro.