Dous días en Dadaab

Por Raquel Fernández, Directora de Comunicación de UNICEF España

Viaxar a terreo sempre é unha lección de humanidade e de valores. Só hai que mirar ao redor, todo o tempo, xogar cos nenos e falar cos refuxiados e cos traballadores da acción humanitaria no maior campo de refuxiados do mundo (Dadaab, Kenia).
 

Dadaab está enKenya, no medio da nada, a uns 90 quilómetros da fronteira con Somalia, e reúne varios campos que se empezaron a establecer  hai máis de 20 anos para acoller aos somalíes que fuxían da guerra e a fame.

Ahmadina e Mohamed eran dous nenos cando fuxiron, agora teñen 26 anos el e 23 ela e traballan ocasionalmente como tradutores para UNICEF. Aprenderon inglés en Dadaab. Ahmadina é preciosa, coñecémola coa cara cuberta, pero ao día seguinte descubriuna. É feliz porque toda a súa familia conseguiu chegar a Dadaab. Un dos días nos que traballou con UNICEF España nos campamentos o ritmo de traballo atrasaba o momento de poder comer algo e desculpámonos con ela, "é só un día", díxonos. Aínda tiña a cara cuberta e os seus ollos sorrían.
 

Mohamed non lembra o camiño até Dadaab "era moi pequeno, só o lembro como algo moi duro". É alegre, riseiro, e está cheo de curiosidade ante as novidades. Ouvirlle dicir "os nenos de Kenia queren a UNICEF" foi unha das maiores alegrías profesionais e humanas da miña vida. Tamén nos dixo: "se un día podo volver a Somalia quero traballar con UNICEF polos nenos". Creo que é o maior recoñecemento (e moi merecido) que ouvín sobre o traballo dos profesionais de UNICEF e da ONG locais ás que apoiamos en Somalia.       

Grazas ao seu traballo como tradutores, coñecemos a historia de moitas persoas, de todas as idades, que camiñaran unha media de 20 días até chegar a Dadaab, a mulleres que foran violadas no camiño, a nenos que sobreviviron e teñen a mesma sorriso, a mesma mirada e os mesmos dereitos que os nenos do resto do mundo. As súas historias son comúns. O conflito armado xa colocara ás  familias nunha situación difícil e a longa seca deixoulles sen agricultura e gando, sen medios para sobrevivir. Non tiveron máis remedio que deixar as súas casas e puxéronse a camiñar, deixando a nenos, avós, nais e pais no camiño...

Os que conseguiron chegar a Dadaad, a un ritmo medio de mil persoas ao día desde a fame  declarada en xullo, reciben asistencia das axencias de Nacións Unidas e organizacións humanitarias de todo o mundo, garantindo a súa subsistencia, a súa atención médica, vacinas, e escola para os nenos.

Os traballadores da acción humanitaria nos campos de Dadaab viven entendas de campaña e nalgunhas casiñas para quen permanecen estancias longas. A súa vida aquí está dedicada aos refuxiados, movidos polo seu compromiso co ser humano, pola responsabilidade de facer todo o que estea na súa man, e na das súas organizacións, para que a acción humanitaria chegue a máis persoas.

En Dadaab, máis de 400.000 refuxiados teñen cubertas as súas necesidades básicas grazas ao traballo destas persoas. Aínda queda moito por facer, porque a dimensión da emerxencia supera os 13 millóns de afectados no Corno de África e porque hai lugares, nas fronteiras e dentro de Somalia, aos que non ten acceso a axuda humanitaria. 

O traballo que realizan día a día as organizacións que traballan na zona consegue que, nun desastre humanitario de tal proporción,  as cifras non sexan aínda peores. E este traballo só é posible grazas ás persoas, empresas e gobernos de España e doutros países, que deciden facer algunha achega económica ás organizacións que traballamos na maior crise humanitaria do noso mundo actual. A todos eles: GRAZAS