DEN2015:falouse de infancia, pero segue sen ser unha cuestión prioritaria na axenda política

O Debate sobre o Estado da Nación é un espazo e un tempo no que os nosos políticos, en representación nosa, falan daqueles asuntos que consideran prioritarios para o bo 'estado da nosa nación'.

O noso obxectivo, como organización defensora dos dereitos da infancia, é que os nenos estivesen presentes no debate, que se falara deles, das súas necesidades e de como resolvelas.

Para logralo, días antes das sesións, enviamos xunto a Save the Children nosas propostas a todos os grupos parlamentarios. Queriamos "facer sitio" na axenda política á infancia, ese colectivo, que parece non existir en moitas ocasións pola súa invisibilidade.

Pareceunos interesante lanzar unha dinámica nas redes sociais, unha especie de aposta, para xerar conversación en torno a cantas veces se falaría da situación da infancia en España no DEN2015. O obxectivo era recordar os políticos que somos moitas as persoas que queremos que os nenos e as nenas sexan protagonistas das políticas públicas. Aí estivemos, seguindo o debate e a actividade na rede con entusiasmo.
 

DEN2015: Que balance facemos? 

Practicamente todos os grupos parlamentarios falaron sobre a infancia: o Grupo Socialista e UPyD expuxeron a situación de pobreza infantil na que viven o 27,5% dos nenos e nenas en España. Destacouse que con 9.500 millóns de euros se reducirían significativamente os índices de pobreza infantil. O Grupo Mixto resaltou que España só é superada en índice de pobreza infantil por Romanía.

Este dato sinalámolo no noso informe Os nenos da recesión no que demos a coñecer que España é o sétimo país, dos países considerados ricos, onde máis creceu a pobreza infantil, e que é os nenos que máis están a sufrir as consecuencias.

CIU, pola súa banda, propuxo un plan integral de familias e aumentar as prestacións por fillo a cargo. Alégranos recoñecer algunhas das nosas propostas nas intervencións, como a prestación universal por fillo a cargo, que impulsamos a través do informe
A infancia en España 2014.

Tamén houbo tamén un xesto positivo por parte do goberno. O presidente Mariano Rajoy recoñeceu en diversas ocasións o problema actual de pobreza infantil e anunciou un novo cheque para familias monoparentais con dous fillos.
 
 

DEN2015: Pero… foi suficiente? 

Non diría eu que isto sexa para tirar foguetes... é certo que cada vez se fala máis de infancia, mesmo nestes foros, pero os nenos e nenas seguen sen ser unha cuestión prioritaria na axenda política española. Non se lles considera cidadáns de primeira, nin se lles mira como o que son: suxeitos de dereitos, un verdadeiro ben social. Está moi ben ligar a infancia á familia, posto que a familia é indiscutiblemente o medio idóneo para o seu desenvolvemento completo, pero os nenos e nenas son moito máis, teñen un valor en si mesmos. Un valor para o noso presente e para o noso futuro, e estámonolo a perder.

O debate tamén volveu pasar por alto os elevados índices de desigualdade que existen. A brecha entre nenos pobres e nenos ricos é sensiblemente máis alta que as que se observan entre adultos. Este é un asunto realmente preocupante, porque é xerme de máis pobreza e unha desigualdade cada vez máis acusada.

A infancia ten que ser cuestión de Estado e por iso seguiremos impulsando un Pacto de Estado pola Infancia, un pacto social que garanta os dereitos deses pequenos grandes seres humanos, que son os nenos.

A palabra "pacto" apareceu no debate en máis de cinco ocasións... pena que non se utilizou para impulsar o Pacto de Estado pola Infancia. A nova lexislatura será a grande oportunidade para logralo? Cruzamos os dedos...podemos por empezar por sumarnos coa nosa firma

Post de Cristina JunqueraAdvocacy e Xestión do Coñecemento en UNICEF Comité Español