De refuxiada a vacinadora: a historia de Feria

Post de Alexandre Brecher, de UNICEF en Iraq.

É temperán no campo de refuxiados de Gawilan, na rexión doKurdistán iraquí. Feria, de 31 anos, prepárase para o seu día de traballo. Ela é só un dos moitos refuxiados que fuxiron da violencia en Sirya para encontrar refuxio no veciño Kurdistán.Abandonou Damasco hai 18 meses xunto ao seu marido e os seus dous fillos, de sete e nove anos, cando os niveis deviolencia comezaron a ser inaguantables. En Sirya era traballadora social e axudaba ás persoas máis pobres do seu barrio. "Cando cheguei a este campo, as ONG e as axencias da ONU coidaron dos meus fillos e de min", di. "Recibín comida, refuxio e apoio. Non era o confort ao que eu estaba afeita en Damasco, pero foi suficiente para sobrevivir ao frío inverno. Non obstante, ao ver estes traballadores sociais axudando a xente como nós, quixen ser un deles.Feria reuniuse con algúns membros da Organización Mundial da Saúde (OMS) e faloulles sobre a súa experiencia laboral para convencelos de quepodía facer algo pola comunidade. Nese momento, en resposta ao brote en Sirya, a OMS e UNICEF, xunto co Goberno Rexional de Kurdistán, estaba a lanzar unha serie decampañas de vacinación contra a polio - todos os meses, en lugar de dúas veces ao ano - para asegurar que todos os nenos refuxiados fosen suficientemente inmunizados contra esta terrible enfermidade. "As campañas contra a polio son moi importantespara os nenos menores de cinco anos", explicaFeria. "A vacina oralé o único xeito de asegurarse de que non se infectarán eevitar a propagación da polio noscampamentos".

Crise de Sirya: facer do exilio algo significativo

De tenda en tenda, Feria e o seu colega Ahmad dan aos nenos dúas gotas de vacina antipoliomielítica. É o quinto día de campaña e nos últimos días Feria vacinou centos de nenos. Se algunha vez se pasa unha tenda de campaña, porque a familia non está alí, ela volve - nin un só neno se debe esquecer, pola contra o virus pode propagarse. "Despois do que estes nenos pasaron, non se deben sacrificar", diFeria. "Un día, van ir de novo a Sirya. Un día, iremos todos de novo a Sirya". Cando menciona o seu país de orixe, Feria comeza a mirar o baleiro, talvez para ocultar unha bágoa que non pode controlar. "Boto de menos a miña infancia, o lugar onde crecín, o lugar onde casei, todos eses momentos felices. Recórdoos coma se fose onte. O meu esposo e eu acababamos de comprar unha casa, en Sirya tiñamos estabilidade... " Nun abrir e pechar de ollos, 31 anos de felicidade esvaecéronse cando as bombas empezaron a caer sobre o seu barrio, e cando a electricidade e a auga corrente foron cortadas. "Non se canta xente morreu alí Centos? Miles? Perdemos comunicación cos nosos seres queridos cando emprendemos o longo camiño cara a Iraq".Traballar como vacinadora nos campamentos, é o xeito que Feria ten de non esquecer de onde vén, e un xeito de facer do exilio algo significativo.Cando remate o conflito vai volver a Sirya, onde terá a oportunidade de reconstruír o seu país, xunto con outros millóns dos sirios que fuxiron da guerra. "Innumerables desafíos espérannos alí. Non quero que a poliomielite faga aínda máis difícil o esforzo de reconstrución. Aquí en Iraq, comezamos a loita por facer de Sirya un lugar libre de polio".