Crise en Sirya: "Boto de menos os meus amigos, a miña casa, a miña escola,"

Melanie Sharpe, do equipo de UNICEF Canadá, está a dar apoio á crise de Sirya dende a oficina de UNICEF en Xordania. Dende aí escríbenos esta entrada especial para a nosa web na que conta o que viron os seus ollos e a historia dunha nena que coñeceu no campo de refuxiados de Za'atari. O campo abriuse a finais de xullo e actualmente acolle 25.000 refuxiados sirios. Cada día continúan chegando centos de familias.

Campo de refuxiados de Za'atari, Xordania, 10 de setembro de 2012

Coñecín aMalak, unha nena de dez anos, na porta da tenda de campaña da súa tía no campo de refuxiados de Za'atari, norte de Xordania.Malak é como a maioría das nenas dedez anos; encántanlle os debuxos animados, xogar no parque e soña con ser profesora algún día. Tamén recorda os enfrontamentos violentos, mísiles e avións de cando estaba en Sirya.

Contoume quefuxiu da súa casa de Dara'acon máis de 50 familiares e veciños. Dara'a é a cidade na que comezou o conflito de Sirya e onde continúa unha forte violencia máis dun ano despois. A viaxe de Malak á fronteira de Xordania foi longa e difícil. Di que tiñan medo de non poder chegar ou de que os sorprendesen máis enfrontamentos no camiño. Cando coñecín a Malak era o seuquinto día no campo de refuxiados, situado no medio do deserto. A calor e as tormentas de area constantes son, nalgúns momentos, insoportables. O día que a coñecín facían máis de 40 graos e as tormentas de area eran tan fortes que non se podía ver a máis de dous metros. Todas as persoas e todas as cousas estaban cubertas cunha capa grosa de po.

Malak dixo que por fin se sentía segura. Pregunteille que botaba máis de menos e díxome "os meus amigos, a miña casa e a miña escola"  .

Centos de nenos comoMalak sufriron a interrupción nos seus estudos polo conflito de Sirya. Ela rematou o seu cuarto curso o ano pasado e, como a maioría dos nenos que están enZa'atari, está preocupada porque non sabe se poderá volver estudar. Grazas a UNICEF, o Ministerio de Educación e outros colaboradores en Xordania, farao.  

UNICEF e os seus aliados van agora carpa por carpa en Za'atari para rexistrar miles de nenos en idade de ir á escola. Construirase unha escola no campo de refuxiados e UNICEF vai formar profesores e proverá libros e outras subministracións. Non obstante, a medida que aumenta o número de familias que chega aZa'atari, atender ao número crecente de estudantes non é doado. Pero facilitar a volta á escola a nenas como Malak é un asunto crítico, non só para o seu futuro, senón tamén para devolver unha especie de sentido de normalidade á vida destes nenos que sufriron demasiado.