Crise en Siria: os voluntarios énchennos de motivación

Escolas bombardeadas, hospitais destruídos, falta de auga potable... A crise en Siria déixanos noticias negativas a diario. Con todo, neste país tamén hai historias de persoas que nos motivan a seguir tendo esperanza para os nenos de Siria e as súas familias.

 

É o caso dos mozos voluntarios que nos axudan en Curriculum B, unha iniciativa que desde UNICEF lanzamos para que os nenos de Latakkia, unha zona rural en Siria, poidan recuperar as clases perdidas pola violenciae o desprazamento.
 
Hiba vai casa por casa identificando aos nenos que non están no colexio. Esta moza de 21 anos, estudante de literatura francesa, é unha apaixonada do programa Curriculum B.Hiba cre que o teatro é unha das mellores formas de chegar aos nenos e interactuar con eles. 
 

CRISe EN SIRIA: "QUERO ACABAR CO ANALFABETISMO No Meu PAÍS"

"Quero acabar coanalfabetismo no meu país", diHiba. "É un dos grandes problemas da nosa sociedade e loitar contra ela é a nosa responsabilidade como mozas. Somos unha xeración de universitarios: é a nosa responsabilidade asegurarnos de que todos os nenos teñen a mesmaoportunidade que nós".
 
Deeb, de 23 anos, encárgase de xogar cos nenos e de realizaractividades ao aire libre con eles. A maioría destes nenos perderon meses e anos de educación e agora tratan de porse ao día cun innovador sistema de educación.
 

CRISe EN SIRIA: "NOS PODEMOS RECONSTRUIR A SOCIEDADe"

Deeb, licenciado enpsicoloxía, cre que o voluntariado é unhagran oportunidade para aplicar a súa aprendizaxe teórica nunha experiencia real, ao mesmo tempo que axuda aos nenos.
 
"Cando os mozos traballamos de xeito conxunto podemos facer o imposible... Nós podemosreconstruír a sociedade siria", di.
 
"Somos o que maior capacidade deinfluencia e inspiración temos sobre os nenos porque apenas lles sacamos uns anos; entendemos como pensan e que os define".
 
Post por Yasmine Saker, UNICEF Siria.