Crise de Sirya: "viñemos a contar a nosa historia. Somos vítimas"

Post de Toby Fricker, en UNICEF Xordania.

 
"Somos os nenos de Sirya, non nos esquezades". As súas voces enchen a tenda de campaña cunha enerxía que te golpea como o vento do deserto que cruza o campo de refuxiados deZa'atari.

Farah*, de 11 anos, é de Dera'a, no sur de Sirya. Ela interpreta o papel principal nunha obra de teatro que se centra no dereito á educación. Os nenos que actúan están nun dos 14 centros para familias e nenos distribuídos ao longo deZa'atari, que alberga unhas 90.000 persoas. A metade son nenos.

Os centros proporcionanapoio psicosocial a nenos de entre 5 e 18 anos.

"Hai guerra e destrución por todas as partes", continúa a obra. "Os vosos sonos non se perderán. Sen educación e aprendizaxe non lograredes a paz", é a resposta.

Estas palabras deesperanza non sempre estiveron aí. "Os primeiros días falaban e debuxaban sangue e matanzas. Pero despois dun tempo empezaron a debuxar flores", explica Mohamed Alzzeh, de Save the Children. Esta organización aliada xestiona o centro con apoio de UNICEF e fondos da Dirección Xeral de Axuda Humanitaria e Protección Civil da Comisión Europea (ECHO, polas súas siglas en inglés).

As actividades inclúenteatro, pintura e costura, entre outras, e están deseñadas para animar os nenos aexpresar a súa creatividade e sentimentos. "Os nenos céntranse en algo, traballan en equipo e desenvolven os seus papeis", di Alzzeh.

A interacción é especialmente importante, xa que os mozos usan a miúdo a retirada como mecanismo de defensa tras as horribles experiencias que sufriron en Sirya. Moitos non viron os seus amigos dende que deixaron o país, e establecer novasrelacións é esencial para reconstruír a súaconfianza.

Tempo para sanar e tempo para aprender

Cando Farahchegou co seu familia a Xordania hai 10 meses, dáballe medo facer calquera cousa. "Ao principio tiña tanto medo que nin sequera ía ao colexio", di. Pero tras pasar tempo no centro, Farahempezou a abrirse. "Agora está disposta a aprendere a ver novas cousas", di o seu pai, Abdul*.

O seu maior alivio é que as súas cinco fillas están a salvo e participan en actividades infantís normais de novo, como ir ao colexio. "Nunca pensei que teriamos que deixar a nosa casa ou a nosa cidade, pero atacábannos. As miñas fillas estaban en risco de sersecuestradas ou violadas, así que tivemos que irnos,". Abdul admite que vivir enZa'atari está moi afastado de levar unha vida normal e enfróntanse a moitos retos, pero polo menoslibráronse do conflito violento.

"O futuro será moito mellor", proclama Farahna obra, coma se fose un home de Estado anunciándoo ao seu país. "É noso dereito a ter educación e vivir en paz, como calquera neno do mundo", finaliza a obra.

Con fondos de ECHO e outros doadores, máis de 150.000 nenos e adolescentes recibiron apoio psicosocial dende xaneiro de 2013. Este traballo de protección é esencial para proporcionar aos mozos a oportunidade de recuperar a súa Infancia e evitar unha xeración perdida

*Los nomes foron cambiados para protexer as identidades.