Crise de Sirya: sobrevivir nunha cidade fantasma

Post de Belén Ruiz-Ocaña, editora web de UNICEF España

Unha familia deambula entre os entullos dunha cidade fantasma.

Camiñan por unha rúa baleira. Aos lados, edificios derruídos. Non hai xente. Non hai casas. Non hai comercios. Non hai nada. Nas súas mans levan bolsas, cestas, caixas. Talvez todo o que lles queda. Quizais van arrastrando o único que teñen. Están na cidade máis grande de Sirya, a máis poboada do país.Alepo, que en 2006 foi nomeada capital da cultura islámica. Hoxe é obxectivo dosbombardeos e a violencia.A vida é insostible en Alepo. A imaxe forma parte dunha serie de fotografías sobre a guerra deSirya tomadas polo autor sueco Niclas Hammarström. Recibiron o Premio Foto do Ano UNICEF 2013."A xente ten que vivir a súa vida como pode", recorda o fotógrafo. "Teñen que buscar comida e comprala. Teñen que ir ao colexio, se está aberto, e ir a traballar, se teñen un traballo ao que acudir. A xente trata de facer unha vida normal, pero é moi difícil cando non tes nin electricidade, nin auga, nin comida,". Por iso 2,4 millóns de persoas abandonaron xa Sirya. Están refuxiados nos países veciños, onde tratan de reconstruír o seu presente e o seu futuro.Non sabemos se a familia desta fotografía se dirixía a outra zona da cidade. Se fuxían dun país no que as esperanzas de futuro se van esvaecendo. Non sabemos onde están agora.

Pero si sabemos que a súa imaxe é o reflexo da dor de millóns de sirios que están a sufrir unha guerra dende hai demasiado tempo. E non podemos pechar os ollos a esa familia que deambula nunha cidade baleira, destruída. Unha cidade que ata hai pouco se parecía á nosa. Por iso estamos a alzar as nosas voces e pedimos á comunidade internacional que poña fin á barbarie e á dor. Á violencia contra os nenos de Sirya e as súas familias. Se queres sumarte, déixanos a túa firma aquí.