Crise de Sirya: Kafa bota de menos a súa casa

Post de Melanie Sharpe, de UNICEF Canadá.

 

Kafa, unha adolescente siria de 13 anos, estivo a vivir durante un ano e medio no campamento de refuxiadosdo Parque Rei Abdalá, no norte de Xordania. Cando a loita se intensificou na súa cidade natal, Deraa, ela e a súa familia fixeron un camiño de catro horas a pé, de Sirya a Xordania, onde foron trasladados ao campamento de refuxiados. "Un día que houbo un montón de bombas, a miña nai veu á escola e me dixo que xa non era segura", comenta Kafa. O pai de Kafa morreu cando ela era un bebé e a súa nai regresou a Sirya. Kafa vive co seu irmán maior, de 17 anos, a súa esposa e a filla pequena de ambos os dous. A súa tía, tío e primos tamén viven no campamento, xunto a outros 1.200 refuxiados, a metade deles nenos.

CRISe DE SIRyA: os #NIÑOSDESIRIA queren volver a casa

Kafa e o seu primo pasan as mañás nun Espazo Amigo da Infancia construído porUNICEF e Save the Children. Xogan con outros nenose reciben apoio psicosocial.Kafa está en sétimo curso, un grao menos do que lle correspondería, posto que perdeu un ano polo conflito. As tarefas diarias de Kafa inclúen sacar auga limpa para a familia e facer té para todos. Quéixase de que os seus días no campamento son todos iguais: Somos comoprisioneiros, o campamento é como unhaprisión", se lamenta. "Érgome moi temperán, lavo a cara, vou ao centro, volvo á miña caravana para facer as tarefas e, ás veces, vou á escola.Eu adoitaba ir á escola en Deraa. Aquí, ás veces vou, pero ás veces non", di. "Se alguén me di que esta é unha boa vida, direille que veña a vivir aquí. Penso en todos os que viven nun campamento e rezo por eles. Non somos felices aquí e queremos volver á casa".

CADA DÍA SON MÁiS AS FAMILIAS SIRIAS DESPrAZADAS

Xa hai máis de 1,2 millóns de nenos sirios refuxiados e esta cifra sobe cada día. Oscampamentos están superpoboados, con acceso insuficiente a auga potable, baños e duchas. Por exemplo, no campamento de Za´atari (Xordania), o segundo máis grande do mundo, viven case 60.000 nenos sirios.


Dende o inicio do conflito en Sirya, máis de 2,4 millóns de persoas fuxiron aos países veciños (Xordania, Líbano, Iraq, Turquía e Exipto), buscando un lugar seguro para eles e as súas familias. O constante fluxo de refuxiados fai que as necesidades nas cidades que os reciben aumenten cada día.