Crise de Sirya: a educación é o máis importante

Post de Melanie Sharpe, oficial de comunicación de UNICEF, dende o campamento de refuxiados de Za'atari (Xordania)

Cando a granxa na que se refuxiaban Fátima, Ahmed e as súas seis fillas (de entre 2 e 10 anos) foi atacada, cada un colleu tres das nenas e correron para salvar as súas vidas.

"Recordo que a cara da miña filla pequena estaba cuberta de sangue e me decatei de que non podía encontrar a Safa", di Fátima. Foi un veciño o que finalmente encontrou a Safa, unha das xemelgas de 6 anos, sangrando entre as árbores caídas e queimadas. Levouna a unhospital de Damasco rural. CandoFátima e Ahmed chegaron, souberon que estabagravemente ferida e que perderíaa súa perna dereita. Foi o terceiro ataque que vivía afamilia. Orixinarios de Alepo, Fátima eAhmed fuxiron a Damasco rural cando a súa casa foi destruída. Pero cando Safa estivo a punto de morrer, decidirondeixar Sirya.Non estou con ningún bando. Que culpa teñen as nosas fillas?Elas non son culpables. Por que ten que pasar isto? ", pregúntase Ahmed. Pasaron case cinco meses dende o ataque e a familia ao completo, incluíndo a nai de Ahmed, Wardeh, vive agora nunha pequena caravana nocampamento de refuxiados deZa'atari, enXordania.Dalgún xeito Safa continúa sorrindo, e acostumouse a ter que arrastrar para moverse por si mesma. Pero é tímida, e esconde a súa cara tras as súas mans cando lle facemos preguntas. As súascostas están completamente cubertas porcicatrices dende o ataque. Aínda ten anacos demetralla baixo a súa pel, que os doutores deZa'atari están a quitar coidadosamente. "Mesmo os pequenos ruídos lle dan medo e escóndese", diAhmed. "Todas as miñas nenas viven cunmedo constante".

CRISe DE SIRyA: escola e espazos AMIGOS da infancia

Como moitos pais sirios, Ahmed e Fátima están decididos a que o conflito, que destruíu a maior parte do seu país, non destrúa tamén o futuro dos seusfillos. Grazas á ONG Hándicap Internacional, Safa ten agora unha cadeira de rodas, recibe sesións de fisioterapia e foi medida para facerlle unha prótese. Cada mañá Ahmed leva as súas fillas a unha das escolas de UNICEF en Za'atari. Safa e a súa irmá xemelga Marwa están en primeiro grao. A súa profesora, Abeer, asegúrase de que Safa sexa tratada como calquera outro alumno. Pola tarde van ao Espazo Amigo da Infancia apoiado por UNICEF e xestionado polo seu aliado Save the Children. Alí os nenos xogan,socializan se e recibenapoio psicosocial.Safa di que lle gusta ir ao Espazo Amigo da Infancia. Gústame xogar. Gústanme os nenos que hai aí".Fátima e Ahmed explican que a súa prioridade número un é asegurarse de que as súas fillas reciben educación. Mesmo en Sirya logro manter as nenas no colexio todo o que puidemos. A educación é o máis importante", di Fátima.