Crise de Sirya: cando a guerra non é de xoguete

Post de Blanca Carazo, responsable de proxectos de cooperación

O pelo repeiteado cara a atrás, o xesto serio, e, entre as mans, unha escopeta construída con anacos de madeira. Un xoguete. Samer (nome ficticio) está listo para xogar á guerra, para xogar a matar?.

Nunha cidade, Alepo, onde a guerra non é ningún xogo, e nun país, Sirya, onde dende fai xa tres longos anos a violencia sacode sen miramentos a vida de Samer e de millóns de nenos e nenas, obrigados a convivir coa dor e o medo, a abandonar as súas casas e os seus sonos e a contemplar como o seu mundo se derruba baixo a metralla e as balas.

Terá unha nai ou unha mestra que teña forzas para defender a  inutilidade das armas?

Como unha voz en "off" escóitome a min mesma dicindo: Non me gusta que xogues con armas. Terallo dito alguén a este neno? Terá unha nai, un pai, un tío, unha mestra que aínda teñan forzas para argumentar a inutilidade das armas, e para defender a paz e o diálogo como vías para resolver as diferenzas, cando a violencia invadiu as súas vidas?

"Hai tiroteos e bombardeos todo o tempo, polo menos cando eu estiven alí" - explica Niclas Hammarström, autor desta e outras fotografías tomadas en Alepo - "pero a xente ten que continuar coa súa vida normal. "

Sento calafríos ao pensar que "a vida normal" na que Samer está a crecer inclúe como lugar de recreo un soar esnaquizado por unha bomba, como melodía de fondo o ruído dun tiroteo e como xoguete preferido unha escopeta de madeira para defenderse ou atacar. E preocúpame o punto en que para estes nenos "o normal" sexa a violencia, o medo e a incerteza.

Cústame descifrar a mirada de Samer. Que terán visto eses ollos escuros? Hai unha mestura entre tristura e resistencia, coma se a tenrura e a ilusión de ser neno estivesen a punto de sucumbir ante unha dureza necesaria para afrontar un mundo gobernado pola violencia.

Quero pensar que encontraremos o xeito, que non deixaremos que se perda o brillo da mirada de Samer e de millóns doutros #niñosdeSiria, que seremos capaces de parar a barbarie e devolverlles o seu dereito a estudar, a crecer en paz, e a soñar cun futuro cheo de posibilidades.

Quero pensar que non lles escamotearemos a oportunidade de ser nenos que poidan recuperarse da dor e converterse en adultos que constrúan unha sociedade mellor. Unha sociedade na lapis, cadernos, balóns, e bicicletas substitúan ás escopetas (as de madeira e, máis aínda, as de verdade).

Para empezar propóñote que, asinando aquí, unhas a túa voz á de miles de persoas en todo o mundo para pedir o fin da violencia contra os nenos de Sirya e as súas familias.