As cores da seca no camiño a Dadaab

Por Lorena Cobas, Responsable de Cooperación e Emerxencias de UNICEF España

Escríbovos desde Dadaab, Kenya, o maior campo de refuxiados do mundo, a moi poucas horas da fronteira con Somalia. Vou estar aquí durante unha semana, apoiando ao gran equipo de profesionais de UNICEF que tenta axudar a unha poboación que está a vivir unha das crises alimentarias máis graves dos útlimos anos.
 

Deixamos Nairobi pola mañá, rodeados dunha paraxe verde, frondoso, cheo de vida. Pero a estrada lévanos aos poucos a unha realidade moito máis desoladora. Xa só ven ríos que non arrastran nin unha pinga de auga, area e árbores secas. Agora todo é marrón, agora todo é triste...  parece mesmo que esteamos noutro país diferente.

Nos bordos da estrada hai nenos axitando botellas e todo tipo de recipiente e pregunto que fan?, a resposta é fulminante: están a pedir auga para beber. Están a dicir: por favor, necesito auga, dáme auga! Nestes momentos, para eles é o ben máis prezado, significa salvación.

Seguimos o camiño, e deixamos atrás Garissa. Esta poboación é o último reduto de civilización antes de Dadaab. Desde o momento no que se acaba o asfalto, hai dúas horas de camiño (ás veces máis porque o terreo é moi difícil e hai que conducir con extremado coidado. Agora o que se ve ao redor son só esqueletos de animais mortos, animais que non puideron sobrevivir a case 5 anos sen choivas.

 Estes animais mortos, significan moito máis que iso, cada un destes animais, supón unha familia que vai perdendo o seu medio de vida, unha familia que se achega máis á loita entre a vida e a morte por fame, sede e enfermidades.

Agora está a empezar a estación de choivas, que leva anos sen deterse nesta rexión de Kenia, e todo o mundo mira ao ceo con esperanza, preguntándose se este ano si que chegarán...  Aínda que así sexa, aínda queda moito por facer para mellorar as condicións de vida desta poboación.