Consulta médica baixo unha árbore

Por Diana Valcárcel Silvela, Coordinadora de Proxectos de Comunicación de UNICEF España

Post publicado en África non é un país

"Vacinas, vacinas," dicía polo megáfono Simão Obadias, xefe dunha das brigadas móbiles de saúde da provincia de Gaza, en Mozambique. A mensaxe de Simão era como a voz que clama no deserto. Naquela aldea remota de Mozambique só había árbores, un par de palhotas (construción típica da zona rural de Mozambique) e un campesiño que se divisaba ao lonxe polo camiño. Poucos sinais máis de vida.

As brigadas móbiles están organizadas polo Ministerio de Saúde co apoio de UNICEF para atender as necesidades básicas da poboación que vive lonxe dos hospitais e postos de saúde. Visitan as comunidades unha vez ao mes e os veciños están avisados para ir ese día. Non debía ser o caso hoxe. Achégome ao grupo a preguntar pois despois de varias chamadas deSimão non chega ninguén. "Houbo un pouco de confusão", comentan. Despois dun par de chamadas de teléfono parece que as cousas se van arranxando.


Chegamos ata aquí dendeXai-Xai, a capital daprovincia de Gaza nunha ambulancia do Ministerio de Saúde e un coche de UNICEF. Ademais de Simão, que coordina e é axente de medicina preventiva, o equipo da brigada está composto por unha enfermeira de saúde materno-infantil, un practicante e un técnico de medicina. Na ambulancia meteron o material necesario nun par de caixas de cartón e as vacinas nunha pequena neveira azul.


Parece que todo se empeza a poñer en marcha. O equipo da brigada saca as caixas da ambulancia. Unha das enfermeiras colga o peso na rama dunha árbore. E coma se se tratase dunha película en fast forwardempezaron a aparecer mulleres e nenos, máis mulleres e máis nenos. Dúas veciñas trouxeron unha mesa e dúas cadeiras de plástico e colocáronas baixo a sombra dunha mangueira, a árbore do mango. Xa temos consulta médica.


Observo a pequena neveira porque nesta viaxe coñecemos o percorrido que fan ata a coxa ou a boca dos bebés. Dende Zimpeto, o almacén central do país distribúense aos almacéns das capitais das once provincias. De aí ao hospital central da cidade que prové aos centros de saúde. Neste caso, para chegar ata Chivandlene, paramos no centro de saúde máis próximo, o de Olombe, a recoller a neveira azul coas doses necesarias para aquel día.

 
"Esta cadea de frío", explícannos os compañeiros deUNICEF, "necesita que en cada paso se cumpran os requisitos, se non as vacinas se botan a perder,". No país hai
retos neste sentido; non todas as provincias teñen suficiente capacidade de almacenaxe, o transporte faise en avión porque hai poucas estradas e necesítase a máis persoal cualificado para a xestión e administración de vacinas.
 
A consulta xa está en pleno funcionamento. Un gran grupo amontóase en torno á mesa esperando a súa quenda. Olivia Alfredo Moiane veu hoxe coa súa fillaGraça, dun ano e catro meses.Olivia está vacinada, e tantoGraça coma os seus outros dous fillos tamén. "As vacinas evitan doenzas para os meus fillos. Informeime no hospital".
 
Oír isto nun lugar remoto de Mozambiquefaime comprobar que o noso mandato, a nosa misión, se fai realidade nesta esquina do mundo: chegar a todos os nenos, en todo o mundo, non importa se están en lugares remotos, non importa cantas barreiras haxa no camiño. Hoxe tivemos unhas cantas: un camiño de fochas de dúas horas, a confusión sobre a data, o aparente deserto, asegurarnos que as vacinas chegan en bo estado, superar aconfusão. Pero hai unha certeza: os nenos de Chivandlene que acudiron hoxe á consulta baixo a árbore do mango están inmunizados e protexidos de enfermidades que lles poderían levar á morte. É ou non unha vitoria?
 
No caso de Mozambique, esta pequena vitoria non sería posible alcanzala hoxe por hoxe sen a axuda dos países doadores.Máis do 40% do gasto en saúdeprocede da axuda externa.