Coñécenos: Kristoffer Gandrupp-Marino

Kristoffer Gandrupp-Marino traballa no almacén de subministracións de UNICEF en Copenhaguen.

Dende alí fanse chegar as subministracións a calquera emerxencia en calquera lugar do mundo nun tempo máximo de 72 horas.

O almacén ten unha superficie similar á de tres campos de fútbol, unha capacidade de 36.000 pallets e o poder da tecnoloxía percíbese en cada canto do edificio.

De feito, Kristoffer encárgase da innovación da división de subministracións.

El é un dos responsables de dar unha mellor axuda onde máis se necesita.
 

o traballo de UNICEF en emerxencias

As emerxencias, que cada vez son máis numerosas e complexas, producen consecuencias desvastadoras para os nenos, como o recrutamento por parte de forzas armadas, a violencia sexual e a perda de servizos básicos como atención sanitaria e educación. É fundamental a posta en marcha dunha acción humanitaria oportuna, eficaz e ben coordinada.

A nosa misión é garantir os dereitos dos nenos e a aplicación da normativa internacional en calquera situación de emerxencia ou crise humanitaria.

Coñece máis sobre o noso traballo en emerxencias.