Coñécenos: Diana Valcárcel

Diana Valcárcel é Coordinadora de Proxectos de Comunicación de UNICEF España.

 

"Traballo dende hai cinco anos como Coordinadora de Proxectos de Comunicación deUNICEF. O meu labor fundamental é desenvolver proxectos de alto impacto para dar a coñecer os dereitos dos nenos e a súa situación en diferentes partes do mundo. A miña motivación principal é traballar polos nenos máis vulnerables e máis necesitados. Tamén coordino a comunicación en emerxencias e tiven a oportunidade de coñecer de primeira man o traballo que facemos polos nenos, xa sexa que un neno teña unhavacina ou que teña un sobre de alimentoterapeútico. Para min é un enorme orgullo formar parte desta gran familia de UNICEF, unha organización que está en máis de 150 países para aliviar o sufrimento dos nenos e asegurar que teñan dereitos e oportunidades alá onde estean".

Unicef en emerxencias: unha tarea fundamental

En 2013UNICEF respondeu ásnecesidades humanitarias de millóns de nenos afectados por máis de 250 situacións de emerxencia. A acción humanitaria de UNICEF e os seus aliados durante os dez primeiros meses de 2013 conseguiu, entre outros, os seguintes resultados:

  • O tratamento contra adesnutrición aguda grave de 1,9 millóns de nenos.
  • O acceso a auga, hixiene e saneamento de calidade para 19,9 millóns de nenos.
  • A vacinación de 24,5 millóns de nenos contra o sarampelo.
  • O acceso a unha mellor educación, tanto formal coma informal, para 2,7 millóns de nenos.
  • A prestación de apoio psicosocial a935.000 nenos.

As emerxencias, que cada vez son máis numerosas e complexas, producen consecuencias desvastadoras para os nenos, como o recrutamento por parte de forzas armadas, a violencia sexual e a perda de servizos básicos como atención sanitaria e educación.É fundamental a posta en marcha dunha acción humanitaria oportuna, eficaz e ben coordinada.Por iso a misión de UNICEF é garantir os dereitos dos nenos e a aplicación da normativa internacional en calquera situación de emerxencia ou crise humanitaria.