Camiño a Dadaab - Tres historias que a area non poderá enterrar

Por Manuel Moreno, especialista en comunicación

Hai vinte días, para ser exactos o luns 18 de xullo de 2011, Nour Manur e a súa esposa Howa Mohamed tomaron unha decisión da que dependerían as súas vidas e a dos seus catro fillos, emprender o longo camiño a pé que separa a súa aldea no sur de Somalia do país veciño Kenya, coa idea de cruzar a fronteira en busca de asilo en Dadaab. Eles, como a maioría en Somalia, xa oíran falar de Dadaab, que composto por tres campamentos-Hagadera, Ifo e Dagahaley- e albergando máis de 400 mil desprazados, se presenta como o campo de refuxiados máis grande do mundo. A área de Dadaab levántase nun ámbito semidesértico no noroeste de Kenya, a 100 quilómetros da fronteira, e foi creado hai 20 anos tras estalar a guerra civil en Somalia. Dende entón, miles de centos de persoas, fuxindo dos conflitos armados de toda a rexión de África Oriental, foron chegando e asentándose.

 A decisión de partir a pé ata Dadaab levaba roldando as cabezas de Nour Manur e Howa Mohamed había varios meses. Os indicios de que a supervivencia se estaba a facer imposible en Dansoor, localidade situada a case 400 quilómetros de Dadaab, eran máis que claros. A causa da insoportable seca, o seu pequeno horto, que apenas deu millo e outras verduras aquel ano, estaba a punto de secarse e o seu rabaño, lonxe de proliferar, foi minguando pouco a pouco. Ben é verdade que outros anos foran duros, pero aquel o estaba a ser especialmente. A seca era implacable e a fame e o temor pola guerra facíanse notar. Ademais, moitos dos seus veciños xa tomaron a mesma decisión días atrás, abandonando as súas terras en busca dun futuro de esperanza. Por exemplo, dous días antes, para ser exactos o sábado 16 de xullo, Ibrahim Kushu xunto á súa muller Ayan Nour e os seus tres fillosNour Ibrahim de 10 anos, Abu Ibrahim de 6 anos e Daher Ibrahim de 4 anos, partiron rumbo ao oeste deixando atrás as súas terras.

Entón, aquel día de hai vinte días, Nour Manur eHowa Mohamed, acompañados das súas dúas fillas Munina de 4 anos eNima de 2 anos, e os seus dous fillosAbderraman de 8 anos e Osman de 2 anos, recolleron os poucos alimentos dos que dispoñían, embotellaron a escasa auga que poderían cargar durante o longo camiño e empacaron as súas pertenzas, para así emprender unha viaxe a pé que non sería máis que o comezo dun arriscado periplo. Durante o camiño, Nour Manur e a súa familia ás veces tiñan sorte e un coche transportáballes un pequeno treito, pero a maior parte do tempo as distancias tíñanas que facer a pé. Unha infernal travesía a Kenya onde, vulnerables fronte aos soldados, a acosos e aos asaltos de bandidos, foron pasando os días a miúdo sen levarse á boca auga ou alimento ningún. O día en que a pequena Munina de 4 anos caeu enferma levaban recorrido 15 días de camiño. Munina empezou a sufrir dores de estómago insoportables, os músculos das pernas apenas respondíanlle e éralle imposible poder endereitarse para dar tan sequera un simple paso.

Encontrábanse moi preto da fronteira, quizais a un día ou dous. Moi preto deDadaab, a catro días a pé dende a fronteiriza cidade de Liboi. Pero alí foi onde a Munina o abandonaron as forzas, apagándoselle a vida pouco a pouco... Munina foi sepultada baixo un montón de area polos seus pais, a súa irmá e os seus dous irmáns, a uns 120 quilómetros de Dadaab. Ese mesmo día, hai cinco días, para ser exactos o domingo 31 de xullo, na capital de Somalia, Mogadiscio, rexurdiu o medo a que unha nova ondada de disturbios armados tivese lugar entre o Goberno Federal de Transición e as milicias islamitas de Al Shabaab. Aos arredores de Mogadiscio a mozaRiyaq, nai de 3 fillos e dúas xemelgas de 7 meses, Riyaq e Damas, tivo que tomar unha decisión da que dependería a vida dela e a da súa familia. O marido de Riyaq abandonou a súa familia dous meses atrás e nunca máis volveu ou deu noticias. Polo que Riyaq, sen esperanzas, sen diñeiro e sen familia na capital, decidiu que era hora de emprender o camiño a Dadaab, buscando alguén que se apiadase dela e lles levase nalgún medio de transporte.

Apenas unhas horas de distancia en coche da fronteira con Kenya, unha das xemelgas deRiyaq, Damas, caeu gravemente enferma cunha aguda diarrea... Riyaq era consciente de que se non se bulían en chegar a Ifo e ingresar no hospital a bébea, tería poucas oportunidades de sobrevivir. Hoxe, para ser exactos o sábado 6 de agosto, é o primeiro día das catro semanas de misión con UNICEF enDadaab. Polo que teño entendido un día común de sol, area abrasadora e labazadas intermitentes de po e vento na cara... andar uns metros cunha pequena mochila é tremendamente custoso, as forzas escápansete moi rápido, os pés afúndenseche na area facendo que a cada paso a respiración se faga máis intensa, esgotadora. En fronte do centro de recibimento de Ifo, onde se forman longas colas de recén chegados, coñecín e entrevistei estas tres familias, que forman parte da media de 1.300 refuxiados diarios que chegan aDadaab. Preto de 40.000 desprazados rexistráronse en Dadaab nas mesmas condicións dende principios de xuño. Chegan esgotados, famentos e apenas co posto. Un 80% destes desprazados son mulleres e nenos. Nada máis chegar son rexistrados e auscultados por médicos para analizar o seu estado físico. Aquí reciben a primeira porción de alimentos que lles ten que durar 21 días, así como utensilios de cociña básicos e mantas. Durante eses 21 días, á espera de ser oficialmente rexistrados e converterse en asilados, asíntanse nos arredores dos campamentos, fabricándose cabanas con paus, cartóns, plástico ou calquera outra cousa que os protexa do inclemente sol e o vento. As condicións nos arredores son terribles, a falta de servizos básicos faise notar ao igual que a falta de información xeral aos devanditos servizos da poboación asentada.

En toda a rexión do Corno de África, UNICEF calcula que serán necesarios 315 millóns de dólares para ampliar as operacións ao longo de seis meses e poder chegar aos nenos nas zonas afectadas pola seca con asistencia preventiva e de emerxencia.UNICEF céntrase no desenvolvemento de intervencións integradas nos aspectos que atinxen á supervivencia e o desenvolvemento infantil e a organización e os seus aliados están a traballar coas autoridades locais, enviando medicinas a centros de saúde e subministracións de nutrición, levando a cabo campañas integradas de vacinación, facilitando o acceso a auga potable e a saneamento e construíndo aulas provisionais nos arredores dos campamentos, entre outros proxectos que comezarán nas próximas semanas. As historias que os desprazados traen consigo son sobrecolledoras. Son as historias dos que non correron a sorte de chegar con vida aDadaab. Son historias que nunca oímos e que quizais nunca coñeceremos, pero que especialmente por iso nunca deberemos esquecer. Son por estas historias, por aqueles que nas súas tumbas quedaron polo camiño, que a comunidade internacional debe actuar e non dobregar as súas forzas na loita polos dereitos humanos e a xustiza. Por desgracia, no centro de recibimento de Ifo non cheguei a coñecer a pequena Munina, nin a muller de Ibrahim Kushu, quen foi sepultada polo seu marido en presenza dos seus tres fillos. Pero si coñecín a Dima, a preciosa bebe da moza Riyaq, quen por sorte chegou a tempo de ser tratada no centro de saúde de Ifo.

Non vexo un final do conflito en Somalia ou un final inminente a esta emerxencia humanitaria da rexión -que talvez non fixese máis que empezar-pero sigo en busca desas historias tan fráxiles e á vez tan valentes que a area non poderá enterrar.