Axuda refuxiados: "Queremos paz!"

Os nenos, as nenas e as mulleres constitúen, por primeira vez desde que comezou a crise de refuxiados e migrantes en Europa, o 60% do fluxo total de persoas en tránsito. Eslovenia é o último país na ruta dos Balcáns que usan os refuxiados antes de alcanzar o seu destino final: Austria ou Alemaña.

 

En Eslovenia haidous centros principais de tránsito de refuxiados e migrantes: un situado na fronteira con Croacia, na localidade de Dobova e outro xunto á fronteira conAustria, no municipio de Sentilj.
 
A maioría dos nenos e nenas que pasan por estes centros de tránsito foron testemuñas dos efectos devastadores da guerra nos seus países de orixe:Siria, Afganistán, Iraq...
 
Moitos perderon aos seus seres queridos e tiveron que deixar ás forza as súas vivendas, as súas comunidades e as súas escolas. Todos e todas realizaron unhaviaxe extremadamente perigosa e arriscada, coas súas familias ou en solitario, parapoder chegar a Europa.
 

CRISe DE REFUxIADOS: ESPAzOS AMIGOS DA INFANCIA

UNICEF puxo en marcha espazos amigos da infancia en cada un dos centros de tránsito de Eslovenia, así como noutros países na ruta polos Balcáns, onde os nenos e nenas teñen a oportunidade dexogar, de aprender, de pasar tempo con outros nenos e de recibir apoio psicosocial.
 
Son espazos seguros ondeos nenos poden ser nenos, a pesar de que as súas circunstancias sexan extremadamente difíciles.
 
No que vai de ano, uns800 nenos, nenas e adolescentes beneficiáronse dos servizos destes espazos amigos. Unha delas éMahdieh, unha nena de 7 anos.
 
Cando Mahdieh entra na tenda, a súa cara ilumínase vendo xoguetes por todas partes, música e nenos da súa idade cos que poder xogar. Despois de dúas horas xogando, Mahdieh déixanos este entrañable debuxo coa seguinte frase: "Estaba triste pero agora estou feliz! Queremos paz".
 
Post de Pilar González, especialista en Protección Infantil de UNICEF.