Axuda refuxiados: Por que arriscalo todo para deixar o teu fogar?

Non importa onde vaian, aos refuxiados sempre hai alguén que lles pide que volvan aos seus países de orixe.
 
Pero cando a guerra converte a túa vida nun caos, non é fácil regresar a casa.
 
Estes son só algúns testemuños dos conflitos dos que os nenos e as súas familias están a fuxir:

 

 

CRISe DE SIRIA: UN DOS LUGARES MÁiS PErIGOSOS PARA SER UN NenO

8,4 millóns de nenos -máis do 80% da poboación infantil do país- convertéronse en desprazados internos ou son refuxiados en países veciños.
 
[]Jannat ten 7 anos e é un dos millóns de refuxiados que fuxiron desde Siria ata Europa. A súa familia abandonou a cidade de Homs e durante semanas percorreron, por terra e mar, o camiño desde Turquía a Alemaña.
 
''Jannat sempre pregunta se poderá volver a casa, xogar cos seus xoguetes e regresar á escola'', conta a súa nai Amira. ''Eu dígolle que todos viaxamos para atopar unha nova escola''.
 
En UNICEF estivemos en chan sirio, e nos países da contorna, desde que comezou o conflito repartindo comida, auga, aseos, medicamentos e vacinas, lugares seguros, refuxio e escolarizamos a millóns de nenos. 
 

MILES DE NenOS SON RECrUTADOS, fERIDOS e ASaSINADOS EN AFGANISTÁN

35 anos de conflito e desastres naturais afectaron gravemente á supervivencia e sustento dos afgáns, especialmente dos nenos e mulleres. Máis de 8 millóns de persoas víronse afectados o conflito, incluíndo 4,6 millóns de nenos.

[]Só o 30% dos nenos fóra das áreas controladas polo goberno reciben tratamento contra a desnutrición crónica. En 2015, chegamos a máis de 200.000 nenos con suplementos de micronutrientes e vacinamos a máis de 250.000 contra o sarampelo.

 
Con 13 anos, Allahyar viaxou no maleteiro dun coche xunto a outro catro mozos fuxindo dos talibán e o Estado Islámico en Afganistán. Despedirse da súa nai é unha das cousas máis duras ás que se enfrontou Allahyar. "Díxenlle que me iría, buscaría un lugar seguro e contactaría con eles", explícanos. "Estudarei e serei alguén. Entón regresarei a Afganistán".

 

 

CRiSe DE IRAQ: UN TERCIO DA POBoACIÓN NECESITA AxUDA URxENTE

Os anos de violencia e conflito deixaron a máis de 10 millóns de iraquís necesitados de axuda humanitaria. Máis da metade son nenos.
 
Preto de 3,2 millóns de persoas son desprazados internos e moitos necesitan refuxio, comida, combustible, servizos médicos e acceso a auga potable e saneamento. Ademais, o 70% dos nenos refuxiados en Iraq perderon un ano de escola.
 
A medida que a violencia aumenta no país, crece o número de informes que demostran as execucións en masa, a violencia de xénero, os secuestros e a tortura, e o uso de nenos como escudos humanos.
 

#BRINGBACKOURGIRLS: seguen secuestrando NenAS EN NIxERIA

En 2014, o secuestro de 270 estudantes en Nixeria captou a atención do mundo. Desde entón, estímase que outras 2.000 nenas e nenos foron recrutados na rexión.
 
Algunhas foron recrutadas á forza por Boko Haram para loitar contra as súas familias e comunidades, para traballar sen cobrar ou converterse en terroristas suicidas.

As mozas son maioritariamente expostas a violencia sexual e forzadas a casar con combatentes.

[]Fati foi unha das nenas secuestradas: "Un día dous homes seguíronnos á miña curmá e a min e dixéronlles aos meus pais que querían casar connosco. Eran de Boko Haram. Levaban armas". 

Fati logrou fuxir e chegar a un campo de refuxiados.
 
Co apoio de UNICEF, Fati ten agora a oportunidade de recuperarse e reconstruír a súa vida.

 

o CONFLITO  ASOLou A SOMALIA POR MÁiS DE DúaS DÉCADAS

As operacións militares lanzadas en 2015 deron lugar a novos desprazamentos no centro e sur Somalia. Nese tempo ao redor de 5.000 nenos e mozos foron recrutados por grupos armados.
 
En 2015, desde UNICEF proporcionamos axuda a case 9.000 nenos e mulleres. E reunificamos coas súas familias a máis de 600 nenos ex soldado. 
 
Ali tiña 16 anos cando Al-Shabaab, un grupo armado que opera en Somalia, obrigoulle a unirse ás súas filas. Ali puido escapar e chegar a Libia e desde alí tomou un barco ata Italia. "Cada día penso na miña familia. O meu corazón está con eles. Se eles puidesen vir aquí, eu tería paz no meu corazón". 
 
Post por Rashini Suriyaarachchi, de UNICEF Australia