A Axuda Oficial ao Desenvolvemento (AOD) non despega en España, pero si en Europa

Post de Sara Collantes, responsable de políticas de infancia e desenvolvemento de UNICEF España
 
Os últimos datos oficiais de Axuda Oficial ao Desenvolvemento (correspondente ao ano 2013) tanto do Comité de Axuda ao Desenvolvemento da OCDE (CAD) coma da Unión Europea, poñen de manifesto que por fin se reverteu a tendencia de caída da AOD tanto a nivel mundial, coma no seo da Unión.

O vello continente destinou en total o 0,41% da súa renda interior bruta a soster financeiramente o seu compromiso co desenvolvemento dos pobos do mundo.

Trátase dunha ansiada noticia por vital e necesaria, porque deter o ritmo alcanzado na consecución de logros na loita contra a pobreza non é calquera cousa. Ou éo ter ao alcance da man reducir en bastantes millóns máis as mortes de nenos menores de cinco anos de aquí a poucos anos e non o facer?

En España a gráfica tamén apunta timidamente cara a arriba, pero está aí... que si, que non, que non, que si. Unha segunda ollada, deixa a análise moito máis claro e a cortiza da botella de champaña no seu sitio.
 

Datos sobre AOD en España: actualidade e previsións

A imperceptible suba que se menciona (do 3,7%) só responde a condonación de débeda externa: diñeiro que nos deben os países pobres e que lle "perdoamos", pero que non supón novos recursos que cheguen directamente aos cidadáns. Ademais, pouca chicha cabe sacar disto cando en 2013 seguimos destinando soamente o 0,16% da nosa renda a estes fins. O mismito que en 2012.
 

E o peor está por vir? A cousa está así, así. España di que en 2014 gastaremos un 0,17 da renda en AOD, pero onde España di 0,17, a Comisión Europea ve un 0,13 e, atención!, un 0,10 en 2015. A ver a quen gana..., aínda que relevancia, o que se di relevancia... No esquezamos que en 2009 chegamos a destinar o 0,46% e que ao que nos comprometidos hai uns anos era a chegar ao 0,7% en 2015.


E por aí fose, que? Pois dous exemplos. Reino Unido estreouse achegando por primeira vez o 0,7% e Irlanda, que afronta un particular crise económico, destina o 0,45% á AOD. Congratulations!

Dende UNICEF Comité Español esforzámonos estes anos por demostrar con cifras e estudos que os fondos públicos que se destinan ao desenvolvemento contribuíron a conseguir logros espectaculares na vida dos nenos e as súas familias en moitos países do mundo. E, por iso, dixemos todos "ahoranopodemosparar"
 

o financiamento ao desenvolvemento necesita boas doses de innovación

Pero temos claro igualmente que o financiamento ao desenvolvemento necesita tamén unha boa dose de innovación. Se non, non haberá de afrontar xeito a nova axenda que se está a discutir agora no mundo enteiro e que pretende dar resposta a desafíos tan variados como a seguridade alimentaria, o acceso universal á saúde, a educación e a auga potable, o emprego digno, o cambio climático e bastantes máis. O que se está a empezar a chamar axenda dos "Obxectivos de Desenvolvemento Sostible".

Pero todos os camiños levan a Roma, e a decisión sobre que e cando utilizar estes instrumentos de financiamento ao desenvolvemento innovadores que complementen á Axuda Oficial e a outros fluxos tradicionais de capitais (como as remesas) tamén depende dos gobernos. Por iso, non podemos abandonar a nosa responsabilidade cidadá nin deixar de enviar chamadas de atención sobre a oportunidade que temos diante.

Quizais unha das máis evidentes e próximas é a que apunta á posta en marcha do chamado Imposto ás Transaccións Financeiras Internacionais. Unha vella reivindicación dos movementos sociais e que, por primeira vez, podería estar a punto de ver a luz na Unión Europea o próximo 6 de Maio. Non é que poidamos cantar vitoria (porque por agora non está claro se ese diñeiro se vai destinar ou non loitar contra a pobreza), pero é un paso adiante.

Oa deixo este enlace por se queres apoiar a campaña promovida pola Alianza pola Taxa Robin Hood pola que os cidadáns europeos están a pedir que os seus líderes acorden a implementacion dunha Taxa ás Transaccións Financeiras, e que dediquen os fondos recadados a xerar emprego e a servizos publicos aquí na casa, a salvar vidas nos paises en desenvolvemento e a loitar contra o cambio climático. Non paremos agora, non.