Auga e infancia: o cambio posible

Post de Blanca Carazo, Responsable de Proxectos de Cooperación de UNICEF España.

UNICEF España, segundo di o enunciado da nosa Visión, "traballa para conseguir cambios reais na vida dos nenos". Garantir o acceso a auga limpa e a un saneamento axeitado é un xeito sinxelo e moi efectivo de cambiar a vida de moitos nenos e de moitas familias, multiplicando as súas posibilidades de ter un desenvolvemento pleno e saudable.

Imaxinemos por un momento que, hoxe, só por un día, non tivésemos auga nin na casa nin no noso lugar de traballo. E que tampouco funcionasen os baños. Resultaría, como mínimo, bastante incómodo, non? Probablemente nos negariamos a ir a traballar, e iriámonos á casa dalgún veciño ou amigo onde puidésemos darnos unha ducha e facer nosas necesidades. E se, levando o xogo un pouco máis lonxe, supoñemos que isto se prolonga no tempo, e afecta tamén a todos os nosos veciños? Certamente sería un cambio nas nosas vidas. Un cambio, neste caso, nada desexable.


Afortunadamente, era só un suposto. E, afortunadamente, para os 2.000 millóns de persoas que, entre 1990 e 2010, puideron contar con fontes de auga potable, e para os 1.800 millóns de persoas que, no mesmo período, accederon a sistemas de saneamento (baños e latrinas en boas condicións), o cambio foi ao revés. Pódesteo imaxinar?

Este ano, o Día da Auga está dedicado á cooperación en materia da auga, a todas as iniciativas e todos os actores que fan posible cambiar tantas vidas, destinando recursos a construír infraestruturas, promover hábitos saudables e capacitar comunidades, municipios e gobernos para crear e manter os sistemas necesarios para que se cumpra o Dereito Humano á Auga e o Saneamento.

Agora queda chegar máis lonxe, avanzando cara á cobertura universal, para dotar de auga potable os 780 millóns de persoas que aínda non contan cunha fonte apropiada, e de baños aos 1.500 millóns que non teñen acceso a un saneamento correcto. E chegar así a todas as partes, aos máis vulnerables, para que ninguén, ningún neno, se quede atrás.
 

O ExEMPLO DE GUINEA BISSAU

Como en Guinea Bissau, ondeUNICEF, co apoio de institucións públicas e empresas españolas, desenvolve un programa deAcceso á auga potable, o saneamento e a educación en hixiene nas escolas da rexión de Tombali.

Os pozos equipados con bombas manuais e bombas solares proporcionan auga limpa a alumnos, profesores e pais e os Comités de Auga das comunidades aprenderon a mantelos en boas condicións e facer reparacións sinxelas. Os novos bloques de latrinas, separados para nenos e nenas, ofrecen a privacidade e limpeza necesaria para todos, evitando así que moitas nenas abandonen a escola ao chegar á puberdade, por falta dun lugar axeitado onde cambiarse cando teñen a menstruación.

Os nenos e nenas, organizados en Clubs de Higiene, coñecen e difunden hábitos de hixiene que preveñen enfermidades, como o lavado de mans. Nas comunidades, en torno á escola, formúlanse programas para erradicar a defecación ao aire libre. E os Ministerios de Saúde e Educación involúcranse para, pouco a pouco, replicar o modelo en todas as escolas e en todas as comunidades de GuineaBissau.

Cambios posibles. Cambios reais que constrúen un mundo mellor para os nosos nenos. Que é, sen dúbida, un mundo mellor para todos.