"Asegurando os meus fillos tamén podo asegurar miles de nenos"

A familia é o máis importante. O teu marido, os teus fillos, os teus pais, as túas irmás. Que non fariamos por eles? Queremos protexelos. Que non lles falte de nada. Sobre todo en caso de que nós non esteamos.

Millóns de nais e pais en todo o mundo senten esa necesidade de protección. Queren protexer especialmente os seus fillos. Sempre os máis vulnerables. Pero moitos non poden. Dende que traballo en UNICEF, cando miro os meus fillos vexo tamén os fillos de todos eses pais esíntome orgullosa de saber que cada día un pai ou unha nai pode protexer os seus fillos grazas ao traballo de UNICEF. E se ao meu me ocorrese algo? Teño un seguro de vida que me garante que os meus fillos estarán cubertos. Pero que pasa cos millóns de nenos que non contan con esa protección? No mundo desenvolvido hai ferramentas coas que contamos para asegurar que os nosos fillos estarán protexidos se algo nos sucede. Como podemos asegurar tamén eses outros nenos, ademais dos nosos, cando xa non esteamos? Formulástesvolo algunha vez? Pois temos unha solución ao alcance da nosa man.O noso seguro de vida tamén pode ser un seguro de vida para millóns de nenos.Cando contrates un seguro de vida, podes incluír aUNICEF tamén como beneficiario. Deste xeito, asegúraste que os teus seres queridos estarán protexidos e os nenos máis vulnerables noutro lugar do mundo tamén.Inclúe a UNICEF como beneficiario do teu seguro de vida. Salva a vida de miles de nenos mesmo cando xa non esteas.