Apoiar a UNICEF é apoiar a infancia

Por David Bisbal, Amigo de UNICEF España  Espa  Es Es

Hai millóns de nenos que viven en situacións moi difíciles e UNICEF traballa en todo o mudo conseguindo cambiar a vida de moitos deses nenos, por iso eu colaboro con UNICEF e síntome orgulloso de estar aquí entre esta familia.

Hai dereitos fundamentais dos nenos que non se cumpren. Estámolo a ver todo o tempo, por exemplo, no Corno de África hai 2,5 millóns de nenos con desnutrición e no mundo hai 67 millóns que non poden ir á escola... nenos soldado, nenos que sofren violencia, nenos que son forzados a traballar, nenos sen auga, sen vacinas, sen un médico que lles atenda,debemos cambiar isto.Houbo grandes avances, pero aínda queda moito para transformar a sociedade ata conseguir que todos os nenos teñan as mesmas oportunidades na súa vida. Temos que facelo todos xuntos.Hai sete anos que empecei a colaborar con UNICEF e agora me uno ao seu traballo cun firme compromiso, aceptando o nomeamento deAmigo de UNICEF. Espero que xuntos poidamos facer moitas cousas, quero poñer todo o esforzo que poida para mellorar as vidas de millóns de nenos. Debemos traballar polos nenos. Eu non deixarei de facelo nunca, farei todo o que estea na miña man para que cada vez máis os nenos poidan ter todo o que necesitan para o seu futuro. Seguirei participando en campañas e iniciativas de UNICEF para conseguir que o traballo polos nenos se estenda cada vez máis e para que cada vez máis xente coñeza a dura situación de tantos nenos, e o importante que é que todos colaboremos.