Agora non podemos parar: son vidas reais as que están en xogo

Por Sara Collantes, Responsable de Políticas de Infancia e Desenvolvemento de UNICEF España

"Na medida que a economía española está a volver crecer, volveremos apoiar estes esforzos cun grande investimento en desenvolvemento xeneroso, intelixente e eficaz". Esta boa noticia de compromiso de España coa cooperación internacional, pronunciada polo presidente do goberno español onte á noite ante a Asemblea Xeral de Nacións Unidas en Nova York (de madrugada aquí) dábanos hoxe os bos días.

E non foi a única. O resto de líderes mundiais dixeron unanimemente SI a renovar o seu compromiso cos ODM e a definir entre todos os novos "Obxectivos" que nos permitan avanzar a partir de 2015 e que, segundo o acordado, deben vincular definitivamente os tres elementos do desenvolvemento sostible: unha transformación económica que permita a millóns de persoas saír da pobreza, o avance cara á xustiza social e a protección do medio. Quedaron en ter esta lista rematada en setembro de 2015. Ata entón seguirá o traballo de concreción técnica e financeira.

Porque sen concrecións podemos caer en riscos pasados: boas intencións que quedan demasiado lonxe. Cos ODM aprendemos que aterrar os compromisos xera mellores resultados e así debemos seguir.

Ao escribir este post, non é doado desprenderse da enorme preocupaciónque temos dende fai xa algún tempo co acusado descenso que sufriu a Axuda Oficial ao Desenvolvemento en España nos dous últimos anos: máis dun 65% de redución.

É complicado poñer cifras concretas ao impacto que puido ter esta tendencia, perovendo todo o que se logrou co apoio da axuda española, podemos entender ben que son vidas reais as que están en xogo.

Vidas que reclaman actuar con urxencia, posto que ningunha circunstancia ou crise xustifica que morra un neno máis se o podemos evitar. E aí seguimos dicindo e repetindo a todo o mundo que Ahora non podemos parar, que se somen para que non pare a Axuda Oficial ao Desenvolvemento.
 
Pero sigamos co sorriso posto porque, á luz das declaracións de onte á noite, cabe esperar que mañá non se anunciarán máis reducións en Cooperación cando se presente a proposta de Presupostos Xerais para o ano que vén. É o único sinal válido capaz de avalar e dar veracidade a este compromiso anunciado por noso máis alto representante ante os países do mundo.

Onte foi un día importante para España, porque tamén se repasaron diante do mundo enteiro os resultados concretos que se conseguiron co Fondo que puxo a disposición España para acelerar o cumprimento dosODM hai uns cantos anos. Isto non só foron palabras bonitas. Por iso, estou convencida de que podemos recuperar a senda. E non só para ocupar un asento no Consello de Seguridade de Nacións Unidas, senón porque a aposta pola solidariedade internacional constitúe un dos acervos máis importante que ten o noso país. Non nos cansemos de repetilo.

España e a solidariedade camiñaron sempre da man aos ollos de moitos países do mundo. E así segue sendo. Segundo os últimos datos dispoñibles relativos a 35 organizacións que traballan en España en cooperación e acción humanitaria, e en metade dunha crise económica sen precedentes, o número de socios incrementouse nun 10% nos dous últimos anos. Isto só pode explicarse nunha sociedade na que a solidariedade non é un elemento conxuntural ou accesorio, senón unha peza esencial, que constrúe identidade.