IV CARREIRA GOTAS PARA NÍXER (CEIP Paraixal VIGO-22 MARZO 2012)

Hoxe 22 de marzo ​​​​​"Día Mundial da Auga"​​​​​ celebramos no CEIP Paraixal de Vigo a ​​"IV Carreira Gotas para Níxer"​​, participando todo o Colexio na mesma no que resultou ser unha xornada moi entrañable e educativa, colofón dunha serie de actividades que estivemos a realizar propostas por UNICEF e que de forma transversal traballamos xunto coa xornada do 15 de Marzo ​​​​​"Día Mundial do Consumidor"​​​​​ e onte 21 de marzo ​​​​​"Día da poesía"​​​​​.​​​​​
Aquí podedes ver o ​​​​​vídeo​​​​​ da salida dos alumnos de Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria, ao final da mesma xunto cos xuíces escriben na súa gota o número de voltas que deron, tamén anotan o número de voltas os de ​​Segundo​​ e ​​Terceiro​​ Ciclo, e despois collen na zona de avituallamento a súa botella de auga, gracias á colaboración de COCA-COLA.​​​​​
​​​
​​​ ​​​
Volven á zona das gradas para animar aos seus compañeiros dos outros ciclos que xa comezan a súa proba.​​​ Aquí tedes o vídeo da carreira de ​​Segundo Ciclo​​ e o de ​​Terceiro Ciclo​​.​​
Ao final limos un ​​comunicado​​ e fixemos a foto de familia.​​​

 

 

Participa en el blog

Cada semana pasan cosas nuevas en los centros educativos que colaboran con UNICEF: este es el lugar para compartir vuestras experiencias. También encontrarás aquí las últimas noticias sobre educación en derechos de infancia y ciudadanía global. ¡Contribuye con las noticias sobre las actividades que se desarrollen en tu centro! (Recuerda iniciar sesión para poder publicar tu noticia).

Publica