Volver al Inicio
Página principal de UNICEF COMITÉ ESPAÑOL
Página principal de ENRÉDATE

IDIOMASRECURSOSNOVIDADESINSCRICIÓNXOGOSACTIVIDADES
 
Imprimir ACTIVIDADES
 
 
Actividades Propostas didácticas o proceso de aprendizaxe

¿Como traballas os temas da educación das nenas e a discriminación de xénero na aula? Aquí suxerímosche unhas cantas posibilidades.




1. ¿Ti que sabes? 2. Meterse na pel. 3. Entre imaxes 4. Viaxe ó futuro. 5. Xogo de conceptos 6. Heroes e heroínas. 7. Sondaxe de opinión. 8. A cada cal o seu papel. 9. O presuposto. 10. Detectives


As actividades educativas que figuran neste apartado son parte esencial da campaña de mobilización Letras para as nenas. Estas propostas didácticas, para levar a cabo na aula ou con grupos infantís ou xuvenís de educación non formal, constitúen un apoio necesario ó valor formativo que, dende Enrédate con Unicef, lle queremos dar á campaña. (Ver tamén a Guía de campaña , cos fundamentos pedagóxicos de Letras para as nenas e suxestións prácticas para a súa xestión).

Dirixidas a profesores e profesoras e a monitores ou monitoras de grupos infantís, as actividades aquí presentadas responden ó Proceso de Aprendizaxe da Educación para o Desenvolvemento enlace marcador en esta página: Exploración, reacción e acción. Como se pode apreciar, na listaxe non hai actividades específicas da última fase (acción); isto débese a que as propostas de acción da campaña figuran de forma explícita nas seccións de Mobilización e Cooperación, e a elas remitímonos para esta última e necesaria fase do proceso educativo.


propostas didácticas

A orde das propostas aquí mostrada baséase nos contidos que aborda cada unha delas, pola súa vez ligados ás seccións desta web. Sen embargo, a elección e a secuenciación das actividades quedan á vontade, ó interese e ós obxectivos de cada educador ou educadora. A variedade de enfoques e temas das propostas permiten un amplo abano de posibilidades pedagóxicas.

A xeito de exemplo, se queremos centrarnos no dereito á educación das nenas, unha secuencia recomendada sería a que compoñen as actividades 1, 2, 5, 3 e 4, para finalizar cunha acción das suxeridas na web (ou outra que se decida, de acordo cos participantes). Se estamos máis interesados no tema da desigualdade de xénero, a secuencia de actividades aconsellable podería ser 1, 5, 6, 7 e 8, para rematar cunha actividade de sensibilización das persoas do ámbito sobre a discriminación de xénero. A actividade 9 é adecuada, se se vai realizar algunha acción de recadación para a cooperación, e a 10 se se decide levar a cabo algunha acción de mobilización relacionada cos mozos marroquís ou para lle dar un aconsellable contido intercultural á campaña.

PROPOSTAS DIDÁCTICAS
FASE ACTIVIDADE DESCRICIÓN
Exploración 1. ¿Ti que sabes? ...sobre a educación das nenas Sinxela actividade de pregunta-resposta sobre a discriminación das nenas e a educación. É unha actividade interesante para introducir o tema e valorar os coñecementos previos e as actitudes dos participantes.
Reacción 2. Meterse na pel. ¿Que sentirías se estiveses no lugar de...? A capacidade de empatía coas situacións que viven outras persoas é unha parte importante da educación en valores. Nesta sinxela actividade propónselles ós participantes que se poñan no lugar das nenas discriminadas na súa educación.
Reacción 3. Entre imaxes. ¿Como son as escolas do mundo? ¿Garanten unha educación de calidade? Esta actividade permite traballar a creatividade e reflexionar sobre o dereito a unha educación de calidade, mediante o uso de imaxes.
Exploración/reacción 4. Viaxe ó futuro. ¿Como sería un mundo con educación para todos e todas? Explorar os beneficios futuros (e algúns posibles problemas) da consecución dos obxectivos do cumio de Dakar: “Educación para todas e todos”.
Exploración 5. Xogo de conceptos ¿A que nos referimos cando falamos de xénero, sexo, coeducación...? Actividade de exploración dos conceptos e coñecementos que manexan os e as participantes sobre algunhas palabras utilizadas nos temas de xénero e educación. É tamén unha reflexión sobre o uso inadecuado que se lles dá a moitas expresións.
Exploración/reacción 6. Heroes e heroínas. Os estereotipos de xénero na historia e na actualidade ¿Quen son os heroes e heroínas nacionais? ¿Cales son as súas características? ¿Teñen que ver cos nosos modelos de comportamento masculino e feminino?
Exploración 7. Sondaxe de opinión. ¿Quen fai as tarefas na casa? ¿Que fas ti? Enquisa sobre quén realiza o traballo doméstico e análise sobre a participación dos mozos de distintos sexos nestas tarefas.
Reacción 8. A cada cal o seu papel. ¿Trátanse igual nas familias os rapaces e as rapazas? ¿Cales son as expectativas respecto duns e doutras? A actividade mostra, a través das dramatizacións, cómo a sociedade lles asigna papeis, tarefas, características e responsabilidades diferenciadas ás persoas en función do seu xénero.
Exploración/reacción 9. O presuposto. Administra e asigna fondos a distintos proxectos de cooperación. ¿Que accións che parecen máis importantes? Actividade de priorización e xerarquización de valores que quere promover unha reflexión sobre os efectos das accións de cooperación nas mulleres, nas nenas e nas comunidades beneficiarias.
Exploración 10. Detectives. Outras letras para as nenas: investigación sobre a lingua e o alfabeto árabe. Estimular o coñecemento da cultura árabe, a través da súa lingua e da influencia histórica que esta tivo no castelán e noutras linguas peninsulares. Propónselles ós participantes unha investigación activa sobre aspectos básicos relacionados co tema.


O proceso de aprendizaxe

O proceso da educación para o desenvolvemento pode considerarse como un ciclo de tres etapas, que se compón dunha fase de exploración, seguida por unha fase de reacción, para chegar, por fin, a unha fase de acción. Cada fase do devandito ciclo é de igual importancia neste proceso de aprendizaxe. Gráfico del proceso de aprendizaxe
A fase de exploración é, principalmente, unha etapa cognitiva. As e os mozos recollen, analizan e sintetizan a información relativa a un problema ou a un tema particular. Tratan de comprendelo e sensibilízanse respecto do problema, o que nos aproxima á segunda etapa.

Durante a fase de reacción ou resposta, os mozos desenvolven unha resposta persoal fronte á situación formulada. Examinan diferentes maneiras de enfocar un problema e conforman o seu propio punto de vista, construíndo a súa propia escala de valores. Fanse conscientes da dimensión humana do tema, desenvolven a empatía necesaria, así como o sentido de participación e compromiso.

A fase de acción é unha derivación natural desta resposta persoal. Os mozos exploran a actuación concreta que pode realizarse, en resposta ó problema ou á cuestión que se está a examinar. É importante nesta etapa que os educadores estean preparados para proporcionar oportunidades reais para a participación e o compromiso, vendo isto non soamente como un resultado lóxico do proceso de aprendizaxe, senón como un medio significativo para reforzar novos coñecementos, habilidades e actitudes.




Algunhas actividades conteñen fichas en formato PDF. Para poder velas e imprimilas é necesario dispoñer do programa Acrobat Reader de Adobe. Podes descargalo picando aquí.

 
© enrédate con UNICEF 2003 | Recomienda esta página | Inicio