Preto de 50 millóns de vidas salvadas dende o ano 2000

Cada ano morren 5,9 millóns de nenos menores de cinco anos por causas que se poden evitar, un 53% menos que en 1990

A taxa de redución da mortalidade infantil duplicouse en todo o mundo no espazo dunha xeración. Outros 38 millóns de vidas poderían salvarse ata 2030 se se aceleran aínda máis os progresos en consonancia cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), que os dirixentes do mundo aprobarán este mes.

Os datos da publicación de UNICEF Unha promesa renovada: Informe 2015 mostran que dende o ano 2000, cando os gobernos se comprometeron co logro dos Obxectivos de Desenvolvemento do Milenio (ODM), se salvaron as vidas de 48 millóns de nenos menores de cinco anos. Estes progresos son o resultado das constantes medidas dos dirixentes para converter nunha norma e unha prioridade política a tarefa de salvar as vidas dos nenos, de mellorar e utilizar os datos sobre a supervivencia infantil e de ampliar a dimensión das intervencións que deron resultado.

Cada ano morren 5,9 millóns de nenos menores de cinco anos por causas que se poden evitar, un 53% menos que en 1990. A taxa anual mundial de redución da mortalidade de menores de cinco anos entre 2000 e 2015, un 3,9%, duplicouse en comparación co que sucedeu na década de 1990.

Algúns dos países máis pobres do mundo demostraron que poden lograrse reducións substanciais na mortalidade infantil a pesar dos enormes obstáculos:

  • 24 de 81 países de ingresos medios e baixos, como Cambodja, Etiopía, Bangla Desh e Uganda, alcanzaron o ODM de reducir a taxa de mortalidade dos menores de cinco anos en dúas terceiras partes ou más[1].
  • Entre 2000 e 2015, 21 países de África subsahariana investiron unha tendencia ascendente da mortalidade, ou polo menos triplicaron o seu ritmo de progreso en comparación coa década de 1990.

"Salvar as vidas de millóns de nenos en contextos urbanos e rurais, nos países ricos e pobres, é un dos primeiros grandes logros do novo milenio, e un dos maiores retos dos próximos 15 anos é acelerar aínda máis este progreso", dixo a Directora Executiva Adxunta de UNICEFYoka Brandt. "Os datos indícannos que millóns de nenos non morrerán se realizamos un maior esforzo para chegar a todos os nenos".

As solucións sinxelas, de grande impacto e rendibles que contribuíron a esta extraordinaria redución da mortalidade dos nenos menores de cinco anos inclúen a atención especializada na etapa prenatal, durante o parto e na etapa postnatal; a lactación materna; a inmunización; as mosquiteiras tratadas con insecticida; a auga e o saneamento mellorados; a terapia de rehidratación oral para combater a diarrea; os antibióticos para a pneumonía; os suplementos nutricionais e os alimentos terapéuticos.

A pesar destes impresionantes progresos, o mundo non cumpriu a meta dos ODM de reducir en dous terzos a mortalidade dos menores de cinco anos.

Estímase que entre 1990 e finais de 2015 236 millóns de nenos terán morto antes de cumprir cinco anos, por causas na súa maioría previbles. Hoxe en día as principais causas da mortalidade dos menores de cinco anos inclúen a prematuridade, a pneumonía, as complicacións durante o parto, a diarrea e o paludismo. A desnutrición contribúe a case a metade das mortes de nenos menores de cinco anos.

Os ODS instan aos
países a aumentar considerablemente os seus esforzos para que as taxas de mortalidade de menores de cinco anos se reduzan a 25 mortes (ou menos) por cada 1.000 nacidos vivos en 2030. Ao aumentar o ritmo, especialmente nos países que están demorados, o mundo podería salvar a vida de 38 millóns máis de nenos menores de cinco anos.

Nota para os editores:

Para descargar o informe: Descargar o informeaquí

Para descargar imáxes de calidade profesional e novo material de arquivo de Bangladesh, Tanzania e Malawi:http://UNI.cf/1FnX3f6

Sobre Unha promesa renovada

Dende o seu inicio en 2012, Unha promesa renovada centrouse en promover o Obxectivo de Desenvolvemento do Milenio (ODM) 4, que consiste en reducir a taxa de mortalidade de menores de cinco anos en dúas terceiras partes entre 1990 e 2015, e continuar o esforzo ata que non haxa ningún neno nin ningunha nai que morra por causas que se poidan evitar. A visión e os principios que promove Unha promesa renovada -o compromiso político, a rendición de contas e a mobilización social para evitar todas as mortes infantís previbles en todos os países no lapso dunha xeración- incluiranse nos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, que se poñerá en marcha a finais de mes.

Os aliados que apoian Unha prom
esa renovada comprometéronse a levar a cabo cinco medidas prioritarias:

1. Aumentar os esforzos nos países que fan fronte aos maiores retos na mortalidade de menores de cinco anos;

2. Ampliar o acceso ás poboacións marxinadas en todo o mundo;

3. Abordar as causas da maioría das mortes de nenos menores de cinco anos;

4. Facer un maior fincapé nas causas subxacentes da mortalidade infantil, como a educación e empoderamento das mulleres;

5. Unirse en torno a un obxectivo compartido e utilizar métricas comúns para realizar un seguimento do progreso.


[1] Os países de baixos ingresos son: Cambodja, Etiopía, Eritrea, Liberia, Madagascar, Malawi, Mozambique, Nepal, Níxer, Ruanda, e a República Unida de Tanzania. Os países de ingresos medios son: Armenia, Bangla Desh, Bután, Bolivia (Estado Plurinacional de), Exipto, El Salvador, Xeorxia, Indonesia, Kirguistán, Nicaragua,Timor Este, Iemen.

Más información:

Kate Donovan, UNICEF, Nova York, 1917 378 2128, [email protected]

Rita Ann Wallace, UNICEF, Nova York, 1917 213-4034, [email protected]

Belén de Vicente, UNICEF España, 609 160 051 / 91 378 95 55, [email protected]