José Manuel Calderón emprende o reto AFRICA con UNICEF para apoiar a emerxencia do Corno de África

O xogador da Selección Española de Baloncesto realizará unha doazón por cada punto, asistencia ou rebote en cada partido de preparación do Eurobasket

José Manuel Calderón, xogador da Selección Española de Baloncesto e Amigo de UNICEF, pon en marcha unha iniciativa destinada a sumar apoios para o traballo de UNICEF no Corno de África. Calderón fixouse un reto segundo o cal realizará unha doazón de cen euros por cada punto, asistencia ou rebote que o xogador anote nos partidos de preparación do Eurobasket a partir de hoxe, luns, 15 de agosto. O reto está aberto á participación de todo o mundo a través do envío de SMS coa palabra AFRICA ao 28028 ou a través da web www.unicef.es

Calderón, colaborador habitual de UNICEF en Extremadura, comprometeuse a través desta acción coa situación dos centos de miles de somalís afectados pola fame. A emerxencia nutricional que vive o Corno de África afecta sobre todo aos nenos: preto de 600.000 sofren desnutrición con risco para as súas vidas. UNICEF traballa en todas as áreas de acción humanitaria que salvan vidas nos campos de desprazados, nas súas comunidades limítrofes e no Sur de Somalia. Máis de dous millóns de nenos sofren desnutrición e necesitan con urxencia accións vitais para sobrevivir. A emerxencia afecta a catro países do Corno de África: Somalia, Kenya, Etiopía e Djibouti. Os campos de desprazados de Kenya están saturados, con máis de 400.000 refuxiados, aos que cada día se suman 1.300 máis despois de realizar un longo camiño a pé dende Somalia.

Esta situación representa a máis grave crise humanitaria do mundo actual e a peor crise de seguridade alimentaria en África dende a fame de Somalia de 1991-1992. A crise ten a súa orixe nunha suma de circunstancias:

· A peor seca da rexión nos últimos 50 anos. · O incremento dos prezos dos alimentos. · Os efectos do conflito armado en Somalia. · Un dos máis intensos fluxos de refuxiados de Somalia cara a Kenya e Etiopía.

A falta de auga e alimentos son as necesidades máis urxentes, ás que se engade a vulnerabilidade dos nenos con desnutrición a enfermidades mortais como o sarampelo, a malaria, a diarrea ou a pneumonía.UNICEF desenvolve accións masivas en nutrición e saúde, auga e saneamento e protección infantil. O Fondo de Nacións Unidas para a Infancia é o principal provedor de alimento terapéutico, un produto que consegue curar a desnutrición. Ao longo do mes de xullo UNICEFdistribuíu alimento terapéutico abondo para tratar 66.000 nenos. Á parte de distribución de subministracións, UNICEF brinda apoio a centros de estabilización nutricional.UNICEF, que sempre traballa en colaboración con outras axencias de Nacións Unidas e ONGs internacionais e locais, tamén emprendeu unha campaña de vacinación na que xa se vacinou cen mil nenos. En auga e saneamento trabállase na mellora de instalacións para garantir auga limpa e un saneamento axeitado a 300.000 nenos somalís e as súas familias. Nestas situacións de emerxencia, moitos nenos quedan sós, ou están en risco de sufrir abusos. UNICEF, conSave theChildren, traballa no establecemento de 343 Espazos Amigos da Infancia para garantir un ámbito de protección a eses nenos.

COMO COLABORAR

RETO ÁFRICA. JOSÉ MANUEL CALDERÓN CON UNICEF

Calquera persoa se pode sumar ao reto de José Manuel Calderón e UNICEF enviando un SMS ao 28028 coa palabra AFRICA. Cada SMSsupón unha axuda de 1,20 euros, cantidade coa que se pode cubrir o custo do tratamento dun día para un neno con desnutrición. Tamén se pode colaborar entrando en www.unicef.es donde existen distintas formas de colaboración.

Más información:

Dirección de Comunicación de UNICEF España 

+34 609 160 051 / 665 629 760