Emerxencia nutricional no Corno de África

Centos de miles de nenos afectados pola crise humanitaria en Somalia non reciben asistencia alimentaria nas escolas.

 UNICEF traballa en todas as áreas que salvan vidas no Corno de África e en todos os países afectados por esta emerxencia, que pon en risco 12, 4 millóns de persoas en Somalia, Kenya, Etiopía e Djibouti.

Esta situación está a afectar moi gravemente á infancia. Máis de dous millóns de nenos sofren desnutrición e necesitan con urxencia accións vitais para sobrevivir á seca.

A situación empeora alarmantemente ata o punto que Nacións Unidas declarou o estado de fame en seis distritos de Somalia, e advirte que todo o sur de Somalia podería entrar nunha situación de fame de continuar esta situación. Os distritos nos que se declarou fame son Lower Shabelle, Bakol, Middle Shabelle (as áreas agropastorales de Balcad e Cadale), os asentamentos de desprazados no corredor de Afgoye, a comunidade de desprazados de Mogadiscio e Bay.

Esta crise está causada pola combinación de diferentes factores que están a provocar esta deterioración tan acusada da situación nutricional:

  • A peor seca da rexión nos últimos 50 anos.
  • incremento dos prezos dos alimentos.
  • Os efectos do conflito armado en Somalia.
  • Un dos máis intensos fluxos de refuxiados de Somalia cara a Kenya e Etiopía.

UNICEF calcula que un total de 12,4 millóns de persoas xa necesitan asistencia humanitaria. Necesítanse accións urxentes de supervivencia para os nenos que sofren desnutrición aguda nas zonas afectadas pola seca en Kenya, Somalia, Etiopía e Djibouti.  

 

Para declarar o estado de fame téñense que cumprir polo menos 3 dunha serie de indicadores e afectar polo menos ao 20% da poboación. No caso de Somalia cúmprense os seguintes:

  • Acceso a alimentos por debaixo das 2.100 quilocalorías por día.
  • Taxa de desnutrición aguda por enriba do 30% dos nenos (nalgunhas rexións de Somalia supérase o 50%).
  • Dúas mortes asociadas á desnutrición por cada 10.000 persoas ao día, ou 4 mortes infantís por cada 10.000 nenos ao día (nalgunhas rexións de Somalia excédense as 6 mortes por cada 10.000 persoas ao día).

Resposta de UNICEF

Nas emerxencias, UNICEF é responsable da coordinación da resposta ás necesidades da infancia nas seguintes áreas: nutrición; auga, saneamento e hixiene; educación; e protección da infancia. Ademais, ten un labor destacado en saúde, especialmente en inmunización da infancia.

A área da nutrición é a que ten máis peso nesta emerxencia. Por esta razón gran parte das accións de UNICEF céntranse na prevención desta situación, e no tratamento das persoas que xa sofren desnutrición.

UNICEF é o principal provedor de alimentación terapéutica. En Somalia e en Kenya está a distribuír o 100% destas subministracións aos centros de alimentación terapéutica, co apoio dos aliados.

Tendo en conta a diversidade de países afectados por esta emerxencia, UNICEF fixo unha análise da situación e un plan de acción adaptado ás necesidades en cada un deles.

A magnitude da crise, a sobrecarga dos campos de refuxiados, as limitacións de acceso polos problemas de seguridade e a falta de fondos son algúns dos grandes desafíos que ameazan con interromper os servizos esenciais. UNICEF solicitou 363 millóns de dólares dentro dun plan de acción para atender ás necesidades da poboación durante 2011. O 70% destes fondos xa está cuberto.

O foco da resposta está centrado nas accións de supervivencia como a subministración de alimentos e auga, o tratamento da desnutrición aguda, a saúde, non obstante agora que vai comezar o ano escolar é fundamental garantir a volta á escola. A volta á normalidade e á rutina é fundamental para a saúde psicolóxica dos nenos. A través dos espazos/escolas seguras e amigables, non só dámoslles coñecementos senón tamén servizos básicos (como alimentos e auga), e oportunidades para xogar e ser nenos. Por outro lado, os pais, poden facerse cargo dos seus quefaceres (entre os que se encontra conseguir os alimentos básicos), sabendo que os seus fillos están protexidos.

Somalia

A crise en Somalia é unha das peores situacións nutricionaies a nivel mundial neste momento. Naciones Unidas  declarou o estado de

See video
UNICEF
Grave emergencia nutricional en el Cuerno de África.
fame no sur do país, que afecta a 270.000 persoas.

Calcúlase que hai 3.700.000 de persoas en necesidade de axuda humanitaria urxente, dos que 1.850.000 son nenos. Especialmente delicada é a situación dos 780.000 nenos que sofren desnutrición aguda (destes o 85% encóntranse nas rexións do sur de difícil acceso).

Na maior parte das rexións do sur do país, 1 de cada 6 nenos ten desnutrición aguda severa, mentres que nalgunhas como por exemplo Bay, esta situación é aínda peor con 1 de cada 5 nenos desnutridos e en risco de morrer por causas asociadas á desnutrición.

Ademais, dende o 1 de xullo máis de 15.300 persoas (entre elas as 9.000 nenos) desprazáronse a Mogadiscio e unha media de 1.100 (dos que 850 son nenos) foxen a Kenya e Etiopía.   

Fronte a esta situación, as accións que está a desenvolver UNICEF son:

kenia

Hai 3.500.000 persoas afectadas pola seca que necesitan axuda alimentaria, os distritos máis afectados son: Turkana, Wajir, Mandera, Isiolo, Marsabit e Moyale. Nestes distritos concéntrase o 72% dos casos de desnutrición aguda severa entre os menores de 5 anos.

Máis de 385.000 nenos e 90.000 mulleres embarazadas sofren desnutrición. Unha das principais preocupacións é a situación dos campamentos de refuxiados. Ademais, o sistema de inmunización só cubriu unha parte da poboación, polo que hai 336.586 nenos menores de 5 anos en perigo ante posibles brotes de sarampelo.

O efecto chamada provocado pola dispoñibilidade de servizos básicos fai que pasen a fronteira preto de 7.000 somalís por semana nun estado de desnutrición avanzado. O campo de refuxiados de Dadaab que recibe esta poboación xa teñen 3 veces máis persoas que a súa capacidade real. Actualmente hai 420.597 persoas (incluíndo 81.732 nenos menores de 5 anos). En Dadaab confirmáronse 5.561 casos de desnutrición severa aguda e 11.743 de desnutrición aguda moderada.

Como resposta a esta situación, estanse a levar a cabo diferentes accións como a subministración do 100% dos alimentos terapéuticos para asegurar o tratamento dos casos de desnutrición aguda severa ou a provisión de auga potable e servizos de hixiene e saneamento nos campamentos de refuxiados. Vaise facer fincapé na vacinación contra o sarampelo e a poliomelitis. No campo de Dadaab, estase a aumentar o apoio en coordinación con ACNUR para atender a un total de 350.000 nenos menores de 15 anos.

Estase a organizar unha campaña de vacinación masiva nas seguintes semanas para inmunizar a todos os refuxiados entre 15 e 29 anos (que chegará a unhas 144.000 persoas)

Os distritos máis afectados pola seca sufriron o forte impacto das chuvias e as inundacións durante os últimos días, o que eleva o risco de brotes de sarampelo, cólera e diarrea acuosa aguda. De feito, o Ministerio de Saúde lanzou unha alerta por posibles brotes de dengue e cólera. As chuvias están a impedir ademais a chegada de axuda humanitaria, sobre todo ao distrito de Turkana e ao campamento de Kakuma.

Etiopía

Hai un total de 7.800.000 de persoas que padecen inseguridade alimentaria crónica en Etiopía e que necesitan axuda urxente. Concretamente hai 159.220 nenos en risco de desnutricion aguda severa, 2 millóns de nenos en risco de contraer sarampelo, 5 millóns de persoas en risco de diarrea aguda e 8.800.000 con risco de malaria.

Por outro lado, Etiopía tamén está a recibir un gran fluxo de somalís no campamento de Dollo Allo, que xa está masificado. O número total de refuxiados somalís en Etiopía é de 119.000, cifra que segue aumentando. Dende decembro chegaron ao campamento máis de 40.000 refuxiados. Ademais da poboación que está no campo, hai que atender ás necesidades duns 112.000 refuxiados que aínda non foron rexistrados e encóntranse fóra do campo.

Para responder a esta situación de crise, UNICEFestá ampliando a súa resposta:

  • Para previr brotes de sarampelo estanse a desenvolver accións de prevención que benefician a 652.000 nenos menores de 5 anos.
  • Nos meses de xullo e agosto UNICEF subministrou 663 toneladas de alimento terapéutico listo para usar, cantidade abondo para o tratamento de 600.000 nenos con desnutrición aguda severa durante un mes.  
  • Preto de 10.000 nenos, mulleres embarazadas e en período de lactación son vixiados cada mes e leváronse a cabo 20.000 consultas médicas, un 35% delas para nenos menores de cinco anos.
  • Distribuíronse 58 camións de auga potable en varias rexións, beneficiando a 288.000 persoas.
  • No campamento de refuxiados de Dollo Allo instaláronse 47 centros temporais de aprendizaxe.
  • Unha das principais preocupacións é o número de nenos sós ou separados das súas familias nos campamentos de refuxiados. UNICEF e os seus aliados está ofrecendo resposta para a protección da infancia en situación vulnerable.
Yibuti

En Djibouti hai 120.000 persoas que necesitan axuda humanitaria. Os casos de desnutrición severa aguda alcanzan os 3.811, mentres que os de desnutrición moderada aguda ascenden 16.000. Os altos niveis de desnutrición veñen acompañados dun grave problema de acceso á auga potable: máis de 49 por cento da poboación en áreas rurais non ten acceso a fontes de auga potable. Isto agrávase aínda máis para os nenos lactantes, xa que a lactación materna exclusiva durante os primeiros 6 meses de vida non é unha práctica común en Djibouti. As nais acostuman a dar auga aos bebés no primeiro mes expoñéndoos a enfermidades relacionadas coa auga, e polo tanto, aumentando as posibilidades de desnutrición.

Ata a data respondeuse a esta situación con subministracións de tratamento da desnutrición para cubrir un 70% da poboación afectada, e proporcionouse acceso a auga potable para 25.000 persoas en 20 localidades a través de camións cisterna.

Ademais destas accións a resposta á emerxencia intensificarase con accións como as seguintes:

  • Identificación e tratamento de 16.000 nenos que sufen desnutrición con alimentos terapéuticos listos para usar. Isto lévase a cabo a nivel comunitario e en centros de saúde.
  • Subministración de auga potable a unhas 50.000 persoas.
  • Incremento da inmunización, que se espera que cubra o 91% dos nenos menores de 5 anos fronte a enfermidades prevenibles.
  • Ante o incremento do prezo dos alimentos, repartiuse axuda en efectivo a 217 comunidades para que atendan as necesidades de 664 nenos.  

NOTA: Os datos publicados obedecen á media obtida dos indicadores dos 4 países (Kenya, Somalia, Etiopía e Djibouti).

Poboación infantil (Dunha poboación total de 132.624.000 persoas)
46,99
Taxa de mortalidade infantil (por cada 1000 habitantes)
76,5
Acceso a auga potable  
54,75%
Esperanza de vida ao nacer  
54
Taxa de matriculación escolar  
52%
Noticias sobre la emergencia