Herdanzas e Testamentos
HERDANZAS E LEGADOS PARA A INFANCIA. A VOZ DE UNICEF
Como prolongar o compromiso coa infancia?
As herdanzas e doazóns a UNICEF proporcionan recursos económicos para atender as constantes emerxencias que afectan á infancia, froito de conflitos armados, desastres naturais ou pandemias, ademais de supor unha fonte de fondos flexible para financiar proxectos prioritarios de UNICEF.
Nomeando UNICEF como un dos teus herdeiros, asegúraste de que o teu apoio á infancia perdure no tempo, para que os dereitos da infancia se sigan cumprindo no futuro.
O traballo de UNICEF depende exclusivamente de achegas voluntarias e doazóns, como as herdanzas e legados.
ASINO POR UN MUNDO MELLOR. A VOZ DO INTERESADO
Que me levou a incluír UNICEF no meu testamento?
Deixar UNICEF como último destinatario dos meus bens asegúrame que, se fose o caso, o que deixe tras de min destinarase a protexer os nenos.
Eva Ferré incluíu UNICEF no seu Testamento.
Inclineime por UNICEF polo seu compromiso de transparencia e prestixio, avalado entre outras cousas polo Premio Príncipe de Asturias.
K.Karlsson, testamenteiro dun legado para os nenos de Ucraína.
En memoria de W.Gonstscharoff
COMO PLANIFICAR A MIÑA HERDANZA. A VOZ DO ASESOR
Que medidas debo tomar en vida?
O camiño máis sinxelo e seguro é o testamento notarial. Está subvencionado e o seu custo oscila entre os 36 e 60 euros, o que facilita que moita xente poida acceder a el. Basta con comparecer ante un notario co DNI e dicir cal é a nosa última vontade.
Ignacio Gomá, Notario de Madrid.
Lembra que o testamento é revogable en todo momento. Para designar UNICEF como herdeiro, dentro dos límites legais, fai un testamento incluíndo estes datos:
|
Nome: |
Fundación UNICEF-Comité Español |
|
Domicilio Social: |
CL. Mauricio Legendre 36 |
|
C.I.F: |
G84451087 |
Ademais, podes consultar sen ningún custo a Romero Abogados no número de teléfono 917 118 600 ou ben por correo electrónico: despacho@delromeroabogados.com
Por que incluír a UNICEF no seu testamento?
Formas de incluír a UNICEF no seu testamento
Que opinan os que xa incluíron a UNICEF no seu testamento?
"O camino máis sinxelo e seguro é o testamento notarial. Está subvencionado e o seu custo oscila entre os 36 e 60 euros, o que facilita que moita xente poida acceder a iso. Abonda con comparecer ante un notario co DNI e dicir cal é nosa última vontade."
Últimas noticias
-
Por Silvia Llorens, Responsable de Herdanzas e Legados de UNICEF España...
Madrid -
A familia é o máis importante. O teu marido, os teus fillos, os teus pais, as túas irmás. Que non fariamos por eles?...








