Faite socio
E ti Que fixeches hoxe? Faiche socio de UNICEF
Que significa facerse socio de UNICEF?
A túa achega regular como socio permítenos levar a cabo programas integrais que benefician a nenos e familias que están en situación de pobreza e precisan do noso apoio.
UNICEF desenvolve proxectos de cooperación ao desenvolvemento en máis de 150 países que abordan as temáticas claves para garantir os dereitos da infancia: supervivencia, educación e protección, prestándolles especial atención aos máis vulnerables. Millóns de nenos que non teñen acceso a auga potable, unha alimentación axeitada, educación de calidade ou medicamentos esenciais.
A nosa organización finánciase con contribucións voluntarias de particulares, empresas, institucións públicas e privadas. Sen a colaboración dos nosos socios, non sería posible levar a cabo a nosa misión.
Grazas ao teu compromiso, podemos construír un mundo mellor para a infancia.
Como tu COLABORACIÓN se convierte en ACCIÓN
En 2009, UNICEF distribuíu os fondos recibidos dos seus socios, aliados e doantes da seguinte forma:
COMO tE MANTEMOS INFORMADO
Sabemos que para ti é vital coñecer o destino da túa achega. Se te fas socio, manterémosche informado regularmente das accións que realizamos, a través de:
- A nosa revista e outras comunicacións por correo postal.
- O boletín electrónico e outras mensaxes vía e-mail.
- Teléfono e SMS.
- A nosa web e os nosos perfís en redes sociais: Facebook, Twitter e Youtube
Ademais, en calquera momento, podes contactar con nós enviándonos un e-mail a socios@unicef.esou chamándonos ao 902 31 41 31.
Facéndote socio, poderás axudar a que UNICEF leve a cabo os proxectos que ten actualmente en máis de 150 países en desenvolvemento..
Outras formas de colaborar
Luns a venres, de 9 a 22h



