UNICEF España

COMO SE ORGANIZA UNICEF ESPAÑA

Baixo a forma xurídica de Fundación, UNICEF España está dirixida por un Padroado.

O Padroado é o máximo órgano de goberno da organización, e a súa responsabilidade é orientar e impulsar as políticas de UNICEF en España, garantir a transparencia e eficiencia da súa xestión, aprobar os plans de traballo e trasladar á sociedade española a importancia da nosa misión.

A Dirección Executiva e o Comité de Dirección son os responsables de elaborar e desenvolver os plans de traballo anuais, orientados sempre ao cumprimento da misión e os obxectivos da organización.

Arredor de 1.200 persoas, máis do 85% voluntarios, forman o equipo de UNICEF España, que desenvolve as súas actividades de sensibilización, promoción de dereitos e mobilización de recursos a través da sede central de Madrid, 17 comités autonómicos e 35 comités provinciais.

A sede central de UNICEF España, en Madrid, encárgase da planificación estratéxica e a integración dos diferentes programas e iniciativas. A mobilización de recursos, a promoción dos dereitos e a sensibilización realízase de maneira conxunta e en permanente coordinación cos comités autonómicos.

Os comités autonómicos traballan nas 17 comunidades autónomas españolas co fin de achegar a misión de UNICEF a un maior número de persoas e entidades, públicas e privadas.

Mapa- Onde estamos en España