A nosa misión

UNICEF - Nuestra misión
Lograr que los derechos de infancia se conviertan en principios éticos perdurables.

MISIÓN DE UNICEF ESPAÑA

Lograr que os dereitos da infancia se convertan en principios éticos perdurables e en normas de conduta internacionais sendo considerados parte integrante do progreso da humanidade.

 

VISIÓN DE UNICEF ESPAÑA

UNICEF España traballa para conseguir cambios reais na vida dos nenos e transformar a sociedade a través dunha organización dinámica, unida e eficiente, que está formada por persoas comprometidas que se esforzan cada día como defensores dos dereitos da infancia.

A Convención SOBRE os Dereitos do Neno

A Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN) é o primeiro instrumento internacional que recoñece os nenos e nenas como axentes sociais e como titulares activos dos seus propios dereitos . O traballo de UNICEF guíase, desde a súa aprobación por Nacións Unidas, polo que dita este tratado, ratificado por máis de 190 países en todo o mundo.

A CDN ten 54 artigos e baséase encatro principios fundamentais: a non discriminación; o interese superior do neno; o dereito á vida, a supervivencia e o desenvolvemento; e o respecto ás súas opinións.

 

Coñece as cinco prioridades de UNICEF

Para mellorar as condicións de vida dos nenos e garantir que todos os seus dereitos se cumpran, UNICEF traballa en cinco áreas clave, que centran a maioría das súas estratexias, programas e accións:

Supervivencia infantil

Se non se garante o dereito á supervivencia do neno, non se pode garantir ningún outro. Millóns de nenos e nais perden a vida cada ano por causas que se poden evitar con sinxelas e pouco custosas accións. UNICEF traballa para mellorar o acceso a servizos e bens básicos como a atención prenatal e pediátrica, a vacinación, o acceso a auga potable ou unha alimentación axeitada.
 

Educación

A educación é unha ferramenta poderosa para romper o círculo da pobreza. UNICEF traballa para que o dereito á educación sexa unha realidade en todo o mundo. Os nosos programas de educación avogan pola redución das taxas escolares, a mellora das infraestruturas e a formación do profesorado

Protección fronte ao abuso e a explotación

Protexer os nenos do traballo, o matrimonio, a explotación sexual ou os conflitos armados é un dos nosos grandes retos. A protección é unha cadea que implica ás familias,os educadores, os corpos de seguridade e moitos outros axentes e institucións. UNICEF traballa para fortalecer o medio protector que impide que os nenos sufran abusos e explotación.

O VIH/SIDA nos nenos

O VIH/SIDA é unha ameaza tamén para os nenos. UNICEF aborda este problema a través de catro accións clave: a prevención da transmisión do VIH de nai a fillo e entre os mozos, a ampliación da atención pediátrica aos nenos que viven co virus e a protección e apoio aos orfos e afectados por esta enfermidade.

Promoción de políticas e alianzas a favor dos nenos

UNICEF traballa sempre en estreita colaboración con outras organizacións das Nacións Unidas, cos gobernos, con ONG, institucións privadas e a sociedade civil para lograr que as políticas e accións en beneficio da infancia logreno máximo alcance e profundidade posible.

 

UNICEF en Emerxencias

As emerxencias, que cada vez son máis numerosas e complexas, desencadean consecuencias devastadoras para os nenos, como  o recrutamento por parte das forzas armadas, a violencia sexual e a perda dos servizos básicos de saúde e educación. 

A misión de UNICEF durante unha emerxencia é protexer os nenos e garantir que se cumpren as normas internacionais que defenden os seus dereitos.