Historia de UNICEF

A orixe de UNICEF tras a Segunda Guerra Mundial

UNICEF creouse en 1946 por decisión da Asemblea Xeral das Nacións Unidas. O seu propósito era axudar os nenos de Europa despois da Segunda Guerra Mundial. Desde o principio, a súa vocación foi a de traballar pola infancia sen distinción de raza, nacionalidade ou relixión, e situar a protección dos seus dereitos por encima de calquera interese.

Os seus primeiros programas brindáronlles axuda de emerxencia a millóns de nenos en Europa, China e Oriente Medio. En 1953 converteuse nun organismo permanente dentro do sistema das Nacións Unidas. O seu mandato: responder ás necesidades da infancia e protexer os seus dereitos.

En 1965 UNICEF recibiu o Premio Nobel da Paz. Era a primeira vez que unha institución obtiña este galardón.

Coa aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno en 1989, a acción de UNICEF enmárcase dentro dun enfoque de dereitos universal.

Década dos 50: UNICEF chega a España

Dende o final da Guerra Civil española ata a metade da década de 1940, España viviu unha época moi difícil. A taxa de mortaldade infantil era de 142 mortes por cada 1.000 nados vivos. Debido a esta situación, España solicitou a axuda de UNICEF.

En 1954 asinouse en Nova York un convenio entre UNICEF e España para responder ás necesidades dos nenos do noso país. O primeiro programa de axuda, o plan ASA (Axuda Social Americana), ponse en marcha ese mesmo ano e supón o envío de millóns de quilos de leite en po, fundamental para o crecemento dos nenos.

Dende 1954 a 1968,máis de 300 millóns de quilos de leite en po chegaron ao noso país. Tamén se puxeron en marcha programas para o coidado de nenos prematuros, a loita contra o tracoma, a rehabilitación de nenos minusválidos e a educación nutricional.

 

DÉCADA DOS 60: O NACEMENTO DE UNICEF ESPAÑA

O 12 de abril de 1961 celébrase a primeira reunión da Asociación de Amigos de UNICEF na casa de Carmen Valcarce Cavestany,  unha das máis activas impulsoras do proxecto xunto ao médico valenciano Juan Bosch-Marín. Nesta reunión establécense os obxectivos da nosa organización: dar a coñecer o labor de UNICEF e "contribuír á solución dos problemas da infancia, achegando os medios económicos e materiais necesarios". 

Nesta etapa comézanse a vender en España as tarxetas de Nadal de felicitación de UNICEF, a fórmula máis tradicional de conseguir recursos, e tamén se realiza a primeira campaña de captación de socios. En 1964 xa tiñamos delegacións en Madrid, Barcelona e Valencia, e contabamos co apoio de 240 socios. 

 

Década dos 70: A CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA E AS PRIMEIRAS ACHEGAS Á COOPERACIÓN

UNICEF - Decada 70

A comezos da década, España deixa de solicitarlle axuda a UNICEF. 

O 25 aniversario do nacemento de UNICEF, en 1971, aprovéitase para pór en marcha numerosas campañas, programas nos medios de comunicación e ciclos de conferencias, o que supón un impulso ao labor de UNICEF en España. Tamén se  nomea un Comité de Honor, formado por destacadas personalidades da vida política e social española. A súa Alteza Real, a Princesa Dona Sofía, hoxe Raíña de España, acepta a Presidencia de Honor, cargo que ocupa dende entón ..... .

Ademais, nos anos previos á aprobación da Constitución Española en 1978, centramos o noso labor nunha gran campaña orientada a conseguir que os Dereitos do Neno estivesen presentes na Carta Magna, así como na difusión do Ano Internacional do Neno en 1979. 

 

Ademais, nos anos previos á aprobación da Constitución Española en 1978, centramos o noso labor nunha gran campaña orientada a conseguir que os Dereitos do Neno estivesen presentes na Carta Magna, así como na difusión do Ano Internacional do Neno en 1979. 

Ao longo de toda esta década, UNICEF España destinou 793.332.739 pesetas (4,7 millóns de euros) aos programas de cooperación de Bolivia, Honduras, México, República Dominicana, O Salvador, Camboxa e Guinea Ecuatorial, entre outros países.

8.025 euros) a programas de terreno y emergencias)            ,      4.768.025 euros)   

Década dos 80: o maior comité europeo en socios e as CAMPAÑAS DE EMERXENCIA

Nesta década, na que España pasa a formar parte da Unión Europea, convertémonos no maior comité europeo en número de socios, superando os 100.000. 

En 1985 realízase en todas as entidades bancarias e caixas de aforros españolas a campaña UNICEF Nenos Mundo para prestar axuda a Etiopía. Envíanse máis de 10.000 mantas e 350.000 sobres de sales de rehidratación oral. 

As 4.711.635.511 pesetas (28,3 millóns de euros) captadas pola nosa organización nesta etapa serviron para responder ás numerosas emerxencias humanitarias que se producen nestes anos en diferentes países como Líbano, Colombia, Etiopía, Afganistán, Bangladesh ou Nicaragua. Ademais, con estes fondos apoiáronse programas de desenvolvemento en toda América Latina. 

Tamén se pon en marcha o Centro Español de Documentación e Estudos Sociais sobre a Infancia Española, co obxectivo de profundar no coñecemento dos problemas da infancia no noso país.

 

Década dos 90: Cume Mundial a favor da Infancia

UNICEF - Decada 90

O Goberno español ratifica a Convención sobre os Dereitos do Neno en xaneiro de 1990,  aínda que non sería efectiva ata outubro dese mesmo ano. UNICEF España realiza cursos, conferencias e simposios para difundir a Convención, co fin de estimular o debate público e influír a favor dunha protección lexislativa eficaz da infancia. 

En 1993 ten lugar en Pamplona a primeira reunión nacional de Alcaldes Defensores dos Nenos, con representantes de 22 concellos españois. En marzo dese mesmo ano UNICEF España recibe, por parte do Goberno, o recoñecemento de organización de "utilidade pública".

Nesta década a nosa organización consegue fondos por valor de máis de 28.484.268.371 pesetas (171,1 millóns de euros), cos que se deu resposta ás necesidades dos nenos de países que atravesaron grandes emerxencias humanitarias como Somalia, Ruanda, Bosnia, Sudán ou Bangladesh.

A solidariedade da sociedade española durante a emerxencia humanitaria que se produciu en Ruanda foi sobresaínte, acadándose unha recadación de 500 millóns de pesetas. Tamén se apoiaron proxectos de cooperación en diferentes países e rexións, sobre todo en América Latina co Programa Andino de Servizos Básicos contra a Pobreza (PROANDES).

Joaquín Ruiz-Giménez, ex Valedor do Pobo, é Presidente de UNICEF España desde finais dos 80 ata o ano 2001. Durante o seu mandato creouse a área de Educación para o Desenvolvemento

Década do 2000: obxectivos do milenio e supervivencia infantil

UNICEF - 2000

A década está marcada pola Declaración do Milenio e os Obxectivos de Desenvolvemento fixados pola comunidade internacional, que instan ás organizacións a traballar para conseguir unhas metas de desenvolvemento concretas e medibles.

Nesta etapa consolídase o traballo de UNICEF cos Embaixadores Nacionais, personalidades do mundo da cultura, a arte e o espectáculo que nos apoian na amplificación da nosa mensaxe. Máis de 15 personaxes públicos forman parte da familia de UNICEF España, entre elas Pau Gasol, Imanol Arias, Ana Duato e Fernando Alonso.  

Neses primeiros anos póñense en marcha dous programas que continúan ata os nosos días: Enrédate, o programa de Educación para o Desenvolvemento que achega os dereitos da infancia ao ámbito docente e Cidades Amigas da Infancia, que leva a Convención sobre os Dereitos do Neno ao ámbito local. 

En 2006 UNICEF recibe o Premio Príncipe de Asturias da Concordia.  

Entre 2000 e 2010 conseguimos mobilizar 322,5 millóns de euros a favor da infancia. Emerxencias históricas como a do tsunami, en 2004, con 8 millóns de euros, ou Haití, en 2010, con máis de 12 millóns, supuxeron un fito na achega de fondos ao traballo de UNICEF por facer realidade os dereitos dos nenos máis vulnerables. 

Durante esta década, a supervivencia infantil e a educación foron dous dos piares básicos da nosa acción en España e no terreo. Iniciativas como o partido solidario Champions for Africa, coa colaboración de Frédéric Kanouté e Sergio Ramos ou Kimbo, con Pau Gasol como protagonista, son unha mostra disto.

En 2010 presentamos o noso primeiro informe sobre a situación da infancia en España.