Fondos UNICEF

En UNICEF, o control e avaliación da xestión dos fondos é rigoroso e constante:

  • Internacionalmente, a organización é auditada polo sistema de Nacións Unidas e tamén por auditores externos en cada un dos países nos que desempeña o seu labor.
  • UNICEF España tamén está suxeita a controis e auditorías que garanten a transparencia na xestión dos fondos. Cada ano sométese a unha auditoría externa, que actualmente realiza a firma PricewaterhouseCoopers. A Fundación dispón dun manual de procedementos administrativos e conta cun departamento de auditoría interna que vela polo cumprimento dos procedementos administrativos.
  • As Contas Anuais da Fundación son depositadas no Protectorado do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, segundo o artigo 25 da Lei 50/2002, do 26 de decembro.