Escolas Colaboradoras UNICEF

O obxectivo dun colexio, unha escola ou un instituto é educar e, nese sentido, a súa misión ten moito que ver coa nosa. Educar en valores é o propósito do noso programa de Educación para o Desenvolvemento, Enrédate con UNICEF . Os centros educativos convértense nos nosos aliados, participando e comprometéndose coa infancia e con UNICEF.  

ESCOLAS AMIGAS DE UNICEF

Teñen este recoñecemento os centros que se comprometen diariamente cos Dereitos da Infancia na práctica educativa e mobilízanse para conseguir recursos económicos con destino aos programas de cooperación de UNICEF.

Coñece que escolas xa son Escolas Amigas de UNICEF

CENTROS 'ENREDADOS'

Son todos aqueles que se rexistran na web enredate.org e reciben de maneira gratuíta os materiais educativos de UNICEF. Estes centros teñen acceso a todos os recursos educativos do noso programa, comparten información con outros centros enredados e reciben  información periódica sobre o noso traballo.  

CENTROS COLABORADORES

Participan nalgunha das actividades propostas dentro das campañas educativas do programa enredate.org.