O DEPORTE E UNICEF

 DEPORTE PARA O DESENVOLVEMENTO

Deporte y valores

El valor del Deporte y los valores desde la infancia

O deporte é unha poderosa ferramenta para transmitir valores. O respecto ao compañeiro e ao rival, o espírito de equipo, a tolerancia, o afán de superación, a lealdade, a cooperación, etc...

Todos eles son valores que teñen moito que ver co concepto de desenvolvemento que manexamos nas organizacións dedicadas ao mundo da cooperación. 

Pero ademais, o deporte é unha poderosa ferramenta de comunicación. Grazas ao interese que esperta e á súa incrible capacidade de convocatoria, ofrécenos a posibilidade de chegar a moi diversas audiencias. 

En definitiva, o deporte é un medio e fin para conseguir o desenvolvemento.

 AS ALIANZAS DE UNICEF CO MUNDO DO DEPORTE

A través das súas alianzas co mundo do deporte, UNICEF pretende crear conciencia e chamar a atención sobre os graves problemas que lles afectan aos nenos nestes países. Ademais de contribuír á transmisión de valores que o deporte achega.

UNICEF e o FC Barcelona  protagonizaron unha alianza pioneira no ámbito deportivo: un convenio de 5 anos cunha contribución económica de 1,5 millóns de euros ao ano para levar a cabo proxectos integrais de apoio aos nenos vulnerables.

A guía Deporte para un mundo mejor (Deporte para un mundo mellor) xorde da alianza entre UNICEF e o Consello Superior de Deporte co fin de promover a educación en valores entre os miles de mozos que dedican gran parte do seu tempo á práctica deportiva.

CSD: Guía Deporte para un Mundo Mejor (Guía Deporte para un Mundo Mellor)

Ademais, contamos coa colaboración de máis de 80 deportistas profesionais que apoian as nosas accións en España.

 DEPORTE EN EMERXENCIAS

UNICEF- Deporte Futbol África

El deporte constituye un valor fundamental en situaciones de emergencia.

O deporte e o xogo xogan un papel importante e único no desenvolvemento psicosocial de nenos e adolescentes afectados por grandes catástrofes e conflitos.

Ademais, UNICEF participa nas iniciativas de deporte para promover a paz, previr o recrutamento de nenos e adolescentes a grupos armados e a rehabilitación de nenos-soldado .

O Kit de Recreación de UNICEF converteuse nun compoñente integral de apoio psicosocial que UNICEF e os seus aliados ofrécenlles  aos nenos afectados por conflitos.