Estado Mundial da Infancia 2012

01/03/2012 | Actualizado as 13:21h | Documento UNICEF
Data: 
2012
Estado Mundial da Infancia 2012: Nenas e Nenos nun mundo urbano

Máis da metade da poboación mundial, incluidos máis de 1.000 millóns de nenos e nenas, vive actualmente en grandes e pequenas cidades.

Moitos deles gozan das vantaxes que ofrece a vida urbana, como a educación, os servizos médicos e as instalacións recreativas. Non obstante, son innumerables os que carecen de servizos esenciais como electricidade, auga salubre e atención da saúde, a pesar de telos preto.

En lugar de asistir á escola, un inmenso número de nenos vense obrigados a traballar en condicións de perigo e explotación. A miúdo afrontan constantemente a ameaza do desaloxo, malia vivir en condicións verdadeiramente deplorables: en vivendas destartaladas e en asentamentos superpoboados altamente vulnerables aos desastres.
  

O Informe Estado Mundial da Infancia 2012 Nenas e nenos nun mundo urbano analiza estes e outros problemas relacionados co cumprimento dos dereitos da infancia nos ámbitos urbanos.

No estudo analízase o grao de cumprimento de dereitos fundamentais da infancia no medio urbano: a saúde, a educación ou a protección non sempre están garantidas en ámbitos de abundancia e facilidade de acceso como son as cidades.

Por outro lado, o informe estuda problemas tipicamente urbanos como a situación dos menores que migran sós cara ás cidades, as crises económicas, o impacto dos desastres naturais sobre as cidades ou a delincuencia. Por último o informe realiza propostas para lograr construír cidades apropiadas a infancia, mediante o compromiso e acción conxunta dos distintos actores implicados na xestión das cidades.

Nenas e nenos nun mundo urbano

Autor: 
UNICEF
Editor: 
UNICEF
142
CAPÍTULO 1: Os nenos e as nenas nun mundo cada vez máis urbano CAPÍTULO 2: Os dereitos da infancia no medio urbano CAPÍTULO 3: Problemas urbanos CAPÍTULO 4: Cara a unhas cidades apropiadas para a infancia CAPÍTULO 5: Unidos pola infancia nun mundo urbano RECADROS ENFOQUE PERSPECTIVA GRÁFICOS Táboas estatísticas

Non hai comentarios

Enviar un novo comentario

O contido deste campo é privado e non se amosará publicamente.
note: unicef_customizations.module
CAPTCHA
Esta pregunta é para comprobar se é un visitante humano e para previr envío automático de spam.