Níxer: erradicar o matrimonio infantil

16/07/2012 | Actualizado as 17:41h | Mundo

Unha nai xunto ao seu fillo. Deixou a escola cando quedou embarazada.

Níxer conta coa maior taxa de matrimonio infantil do mundo. Unha de cada tres nenas cásase antes de cumprir os 15 anos e o 75% das mulleres entre os 20 e os 24 anos cásase antes de cumprir os 18.  

Zahara abandonou a escola canto tiña 9 anos e nunca máis volveu. Non rendía ben nos seus estudos malia todo o diñeiro que gastei en uniformes e material escolar, así que tiven que sacala da escola," afirmou Barmo, o seu pai. "Cando catro rapaces roldaron a Zahara decidín casarla".Actualmente a nena ten 12 anos e vive xunto á súa familia no pequeno poboado de Madarounfa, ao leste de Níxer.

Mentres a familia preparaba a voda de Zahara, os membros da comunidade avisaron o xefe do poboado de Madarounfa e el pasou a información inmediatamente aos funcionarios locais de xustiza.

Uns días máis tarde, Zahara e o seu pai compareceron ante os tribunais. O xuíz informou a Barmo que a súa decisión de buscar marido para Zahara aos 12 anos non só constituía unha violación dos dereitos da súa filla -e das leis- senón que tamén comprometería a súa saúde, desenvolvemento e futuro.

"O xuíz díxome que se caso a Zahara antes de teña a idade suficiente para que dea a luz, podo perder a miña filla e o meu neto ou que Zahara pode estar exposta a graves riscos para a saúde", sinalou Barmo. "O xuíz e eu falamos en detalle sobre os perigos dunha maternidade precoz, incluído o dano psicolóxico e mental que entraña. Estou contento de que se anule o matrimonio porque quero un futuro mellor para Zahara".
  

os matrimonios infantís son aínda unha norma en moitas comunidades

Maimouna Abdou, Director Rexional do Sistema Gobernamental avalado por UNICEF que se ocupa da protección infantil e a promoción dos dereitos das mulleres, afirma que os matrimonios infantís son aínda unha norma en moitas comunidades, por motivos vinculados á pobreza, cultura e falta de acceso á educación.

Non obstante, grazas aos esforzos realizados polo Goberno e UNICEF, incluídos a creación de conciencia e os programas educativos, os comportamentos en torno ao matrimonio infantil empezaron a cambiar.

O programa, que cobre actualmente 100 aldeas de catro rexións do país, supón a selección e formación de promotores que implican as súas comunidades nun diálogo para fomentar o cambio social e conductual. Unha vez por semana, os promotores reúnense coa comunidade e propician debates sobre a educación das nenas, matrimonio infantil, dereitos do neno, saúde reprodutiva e boas prácticas de hixiene.

Os comités locais de protección infantil traballan en estreita colaboración con estes promotores e brindan asesoramento e apoio adicional ás vítimas de matrimonios infantís. Sensibilizan tamén os proxenitores e as nenas acerca dos riscos psicolóxicos, para a saúde e o desenvolvemento asociados co matrimonio infantil, así como doutros efectos nas nenas e na sociedade.
  

a implicación da comunidade é básica para rematar co matrimonio infantil

Erradicar a práctica do matrimonio infantil requirirá un esforzo a longo prazo. "Sabemos que se celebran matrimonios infantís clandestinos", afirmou Saidou Oumarou, Director de Departamento para a Promoción dos Dereitos da Muller e a Protección Infantil de Madarounfa.

Para UNICEF e os seus aliados a implicación das comunidades locais neste tema é un asunto prioritario.