UNICEF e o seguimento da Convención sobre os Dereitos do Neno

Traballamos baixo un enfoque de dereitos porque a nosa acción enmárcase e guíase polo disposto na convención sobre os Dereitos do Neno.
UZBEKISTÁN, 2008: Dúas nenas xogan nun orfanato en Samarkanda

UZBEKISTÁN, 2008: Dúas nenas xogan nun orfanato en Samarkanda

Desde que se ratificou a Convención en 1990, UNICEF reformulou a súa misión incluíndo o tratado nela. Desde entón esforzámonos por conseguir que os dereitos dos nenos se convertan en principios éticos perdurables e normas internacionais de conduta cara aos nenos.

Isto significa que nos esforzamos para que se cumpran todos os dereitos, de todos os nenos e nenas, en cada momento e en todas partes.

Por iso, no noso traballo de defensa e protección de dereitos, aínda que lles damos prioridade aos nenos máis vulnerables e desfavorecidos, tamén intervimos activamente en países de rendas medias e incluso en países ricos.

A nosa misión é facer que os dereitos dos nenos sexan unha realidade en todos aqueles países nos que traballamos. En España, a nosa acción concéntrase na sensibilización da sociedade e a incidencia política, co obxectivo de mellorar o coñecemento e a aplicación da Convención no noso país.

Como inflúe a Convención no noso traballo

O que a Convención forme parte da misión de UNICEF ten unha influencia clara sobre as estratexias de traballo, actualmente orientadas a:   

  • a) Un maior apoio e fortalecemento á capacidade dos gobernos
  • b) A ampliación do número de alianzas con organizacións da sociedade civil.
  • c) Máis análise dos datos e indicadores, e programas orientados a abordar as causas estruturais dos problemas
  • d) Un maior investimento en programas de sensibilización pública

Na práctica, estas estratexias tradúcense en accións con gran impacto sobre o benestar dos nenos: 

  • No coidado da primeira infancia, o enfoque de dereitos supón programas máis integrados, que aborden os problemas desde varios frontes (nutrición, vacinas, atención neonatal, etc.).
  • En educación, este enfoque implica maior atención na igualdade de acceso á educación entre nenos e nenas e en mellorar a calidade da educación para evitar o abandono escolar.

En protección da infancia, o enfoque de dereitos significa o desenvolvemento dun medio protector que identifica e reforza os compoñentes principais que poden protexer os nenos e nenas (familias, comunidades, leis, medios de comunicación...)